Home A Coruña Neda anuncia o proceso de selectivo para contratar de forma temporal a...

Neda anuncia o proceso de selectivo para contratar de forma temporal a cinco albaneis en situación de desemprego

- Anuncio -

O Concello de Neda convoca o proceso selectivo para cubrir temporalmente as cinco prazas de albaneis, das que disporá a cuadrilla municipal, que se porá en marcha ao abeiro da subvención do PEL- Concellos 2025.  A partir de mañá, e por un prazo de cinco días hábiles, as persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes para optar a estes postos.

Trátase de cinco empregos a tempo parcial (87,50 % da xornada), por un período de cinco meses. A propostas laboral vai destinada, como en anos anteriores, a acadar a inserción laboral de persoas desempregadas en situación de exclusión social, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoas demandantes non ocupadas, mediante a realización de obras de mantemento e reparación de vías e espazos públicos.

Así, poderán presentar candidatura ata o xoves 27 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello (sede electrónica https://sede.neda.gal), veciños e veciñas maiores de 45 anos; mulleres; desempregados de longa duración (máis dun ano na busca de emprego); persoas cun grado de discapacidade por riba do 33%; persoas que vivan nun fogar no que ninguén teña emprego, persoas de fogares monoparentais… Evidentemente deberán contar coa categoría profesional requirida, e capacidade para levar a cabo as tarefas.

Na selección valorarase a experiencia previa en traballos similares, a formación específica neste oficio, e a dispoñibilidade de carné de conducir, ademais de circunstancias socioeconómicas das persoas candidatas.

As bases da convocatoria, así como o modelo de solicitude de admisión ao proceso selectivo, poderán consultarse nas oficinas xerais da casa consistorial o una web municipal. 

Relacionadas

A corporación aprobará un ambicioso proxecto estratéxico que prevé un investimento de 15 millóns...

0
A corporación municipal celebrará o luns 24 o pleno correspondente ao mes de febreiro, con varios asuntos de calado. Entre eles destaca a solicitude...

Carballo celebrou o 125º aniversario do pasamento de Alfredo Brañas cun acto protagonizado pola...

0
Evencio Ferrero lembrou tamén a César Lombera, autor da escultura situada na rúa Coruña, que faleceu hai menos dun mes Hoxe cumpríronse 125 anos do...

Concello de Ribeira e a Federación Galega de Salvamento presentan un novo curso de...

0
Hoxe presentouse, por segundo ano consecutivo, un novo curso de socorrismo por parte do alcalde, Luís Pérez, xunto co vicepresidente da Federación de Salvamento...

Trémola Teatro chega este sábado a Neda coas súas “Historias soñadas”, inspiradas en Rosalía...

0
O Concello de Neda programa este sábado, a partir das 12 horas, no marco das actividades especiais con motivo do Día de Rosalía, o...

Ribeira presenta un Entroido enxebre, colaborativo e aberto ás parroquias 

0
Hoxe presentouse no auditorio municipal a programación das actividades do Entroido 2025 de Ribeira coa presenza do concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta, a concelleira...

Unha exposición de traxes tradicionais de Galicia abre o programa de actividades do Mes...

0
A Igrexa de Bastavales acollerá mañá sábado, ás 17:00 horas, unha experiencia musical e artística da man da soprano Esperanza Mara e cunha ofrenda...

Publicacións Relacionadas