Home Xunta de Galicia O Proxecto Mestres Gandeiros mostra a 1.360 escolares galegos as boas prácticas...

O Proxecto Mestres Gandeiros mostra a 1.360 escolares galegos as boas prácticas dos profesionais do Medio Rural para a protección da paisaxe e da biodiversidade

- Anuncio -
  • Esta iniciativa trata de transmitir ao alumnado a cultura do coidado da terra e da natureza mostrando que os agricultores e gandeiros se converten en importantes activos na protección do medio ambiente polas boas prácticas no seu labor diario
  • Ángeles Vázquez salienta que desde a posta en marcha deste programa no curso 2022-2023, xa participaron nel preto de 3.600 alumnos e 447 docentes
  • No caso do CPI de Bembibre, participan neste programa 104 alumnos, que, a través dun enfoque interdisciplinar, afondan no coñecemento agrario e ambiental desde o punto de vista da conservación do territorio e da biodiversidade da súa contorna

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, salientou hoxe o importante labor que está a realizar a Xunta, a través do proxecto Mestres Gandeiros, na concienciación dos escolares galegos sobre as boas prácticas agrarias e medioambientais dos profesionais do medio rural, que contribúen ao coidado da paisaxe e da biodiversidade de Galicia.

Durante á súa visita ao CPI de Bembibre, un dos 20 centros que participaron neste programa durante o curso 2024-2025, Ángeles Vázquez puxo en valor esta iniciativa educativa que involucrou a preto de 1.360 alumnos -de infantil, primaria, secundaria, bacharelato e Formación Profesional- e máis de 160 docentes de Galicia. E, desde a posta en marcha deste programa no curso 2022-2023, “xa participaron nel preto de 3.600 alumnos e 447 docentes”, engadiu a conselleira.

Esta acción -impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e enmarcada no Plan Proxecta- trata de transmitir aos escolares a cultura do coidado da terra e da natureza mostrando o xeito en que os agricultores e gandeiros da comunidade se converten en importantes activos na protección do medio ambiente polas boas prácticas que caracterizan o seu labor diario. 

No caso do CPI de Bembibre, participan neste programa 104 alumnos de educación secundaria obrigatoria (ESO), que, a través un enfoque interdisciplinar, afondan no coñecemento agrario e medioambiental desde o punto de vista do coidado do territorio e da biodiversidade da súa contorna.

Deste xeito, entre as actuacións que levan a cabo no marco desta programa destacan os encontros colaborativos intexeracionais entre o alumnado e a poboación local co fonte de transmisión de coñecementos agrarios. Ademais, tamén se desenvolve un observatorio rural a través do que se monitorizan e documentan boas prácticas ambientais locais e se fomenta o pensamento crítico a través de xogos educativos de intercambio de roles, nos que os alumnos asumen o papel dos profesionais do rural.

A maiores, a conselleira fixo fincapé no papel das novas tecnoloxías nesta actividade. Así, o alumnado analiza o territorio e a súa biodiversidade a través da aprendizaxe de sistemas de información xeográfica, cartografía e imaxes de satélite; e participa en talleres de biotecnoloxía e sostibilidade, nos que adquire, por exemplo, formación sobre os sensores de monitorización dos animais.

O centro educativo tamén puxo en marcha unha páxina web na que o alumnado publica algúns dos traballos que desenvolve ao abeiro desta iniciativa, como entrevistas a gandeiros ou a que lle fixeron á conselleira co gallo da súa visita. Ademais, tamén está previsto incluír nesa páxina web unha ruta de ecoturismo deseñada polo alumnado para promover o turismo sostible como ferramenta educativa.

Ángeles Vázquez, que estivo acompañada polo director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Enrique de Salvador, puxo en valor que o alumnado participante promova o consumo de produtos de proximidade a través da organización dun mercado escolar no que vender produtos sostibles da economía local.

Cómpre lembrar que o programa Mestres gandeiros xurdiu como resultado do proxecto Interreg Europe Biogov, desenvolvido no período 2018-2021 e no que Galicia foi pioneira a nivel nacional ao ser, a través do IET, un dos nove socios europeos que participaron na súa execución.

Relacionadas

A Xunta asina 62 convenios con asociacións de pesca continental e salienta o seu...

0
Os acordos buscan promover labores de conservación e limpeza dos ríos na súa área de influencia e impulsar tamén a remuda xeracional nesta práctica...

Lete Lasa anima aos 22 rapaces e rapazas que inician unha nova tempada co...

0
_Destaca algúns dos éxitos do Froiz na tempada 2024, como a medalla de bronce da selección española no Team Relay do Campionato de Europa...

López Campos salienta a importancia de impulsar o galego nas propostas de lecer para...

0
Fai fincapé na relevancia de accións que fagan incrementar o uso do noso idioma nos espazos sociais, presenciais e dixitais, onde as novas xeracións...

A Xunta convoca cursos de formación continua para persoal das agrupacións de Protección Civil

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as accións formativas, que suman preto de 400 prazas e se impartirán a través da Academia Galega...

Ángeles Vázquez anima á cidadanía a elaborar os seus propios disfraces para reducir a...

0
Avoga por recuperar o carnaval máis tradicional onde os disfraces se facían con materiais que tiñamos pola casa, tal e como seguen facendo os...

A Xunta celebra que un científico de prestixio mudial como Ángel Carracedo se achegue...

0
— O conselleiro de Educación recibe ao experto en medicina xenética no CIFP Ánxel Casal da Coruña, onde visita os laboratorios do centro e...

Publicacións Relacionadas