HomeVigoMosMos recibe de Fenosa o informe que explica as incidencias eléctricas do...

Mos recibe de Fenosa o informe que explica as incidencias eléctricas do pasado mes de xaneiro durante os temporais

- Anuncio -spot_img

Os cortes de subministro foron debidos á biomasa que afectou ás liñas de media e alta tensión e que xa está a ser retirada

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras de Petelos e Tameiga, Laura Méndez e Feli Rodríguez, respectivamente, veñen de reunirse no Concello con responsables da comercializadora eléctrica Unión Fenosa e con veciñanza afectada das parroquias de Petelos, Tameiga, Pereiras e Sanguiñeda sobre as incidencias eléctricas e os cortes de subministro de luz acaecidos a finais do pasado mes de xaneiro por mor dos fortes temporais.

As zonas afectadas foron Gándara, Baxiña, Pazo, Pedraúcha, Pereira e Fontarvela en Tameiga; Laxe e Rexenxo en Petelos, Ansar en Sanguiñeda e Candosa en Pereiras.

Os representantes de Fenosa espuxeron na xuntanza os resultados do estudo realizado sobre as mencionadas incidencias, tras o cal xa teñen detectado o motivo que produciu os cortes de subministro eléctrico, e que non foi outro que a afección por parte da biomasa ás liñas de media e alta tensión. Para subsanar a situación, e segundo informaron os responsables da empresa, onte mesmo comezaron os traballos de limpeza que inclúen desbroce e tala de árbores (labores que se prevé rematen o vindeiro 28 de marzo). Con estes traballos deixarase libre de masa vexetal unha área de afección de 16 metros baixo o cableado.

Do estudo realizado por Fenosa con motivo das incidencias, extraeuse tamén que a potencia nas zonas detalladas é correcta.

Así mesmo, a empresa indicou que está tramitando a activación en Mos do protocolo especial de actuación prioritaria para as vivendas nas que residen persoas cuxa saúde e supervivencia depende de aparellos eléctricos tales coma máquinas de diálise ou de osíxeno. Casas e particulares que xa se atopan identificados e localizados.

Por último, desde a concellería de Medio Ambiente mosense, faise tamén un chamamento cidadán para que “entre todos logremos evitar as máximas afeccións posibles”. Así, desde este departamento lémbrase á veciñanza que debe deixar limpo e libre de ramas e árbores unha marxe de 5 metros dende as súas fincas e/ou propiedades ata calquera tipo de tendido eléctrico.

Publicacións Relacionadas