Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación leva esta fin de semana o teatro a Crecente e...

A Deputación leva esta fin de semana o teatro a Crecente e Gondomar a través do circuíto +Escénicas

- Anuncio -

O sábado 22 representarase en Crecente a función “Running”, da compañía De Ste Xeito Producións, e o domingo 23 en Gondomar “As nosas letras”, do Mago Teto

+Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, que na súa segunda edición contará con 195.000 euros, cunha completa programación de teatro e danza para os concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra leva este sábado e domingo 22 e 23 de febreiro o circuíto +Escénicas aos concellos de Crecente e Gondomar. Estas actividades enmárcanse no circuíto da institución provincial que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, e cuxa segunda edición acaba de ser convocada cun orzamento de 195.000 euros fronte aos 150.000 euros da primeira. Estas dúas funcións correspóndense á programación do primeiro circuíto, que chegará ata o mes de marzo a un total de 49 concellos.

En Crecente representarase a función “Running”, da compañía De Ste Xeito Producións, o sábado 22 ás 20:00 horas no Auditorio municipal. O espectáculo fala de fillas e fillos de parellas anteriores, nais divorciadas, avós na residencia, adolescentes co ‘pavo’ e as crises a distintas idades. Tamén das clases de ioga para liberar o estrés, as actividades extraescolares, os traballos, os deberes e as obrigas…  Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. Xulia e Román aínda non saben se se queren como Romeo e Xulieta, pois as súas circunstancias impídenlles brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.

En Gondomar representarase “As nosas letras” do Mago Teto, o domingo 23 ás 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío. Neste espectáculo familiar a defensa do galego é o vehículo condutor das diferentes maxias que contén o espectáculo, unha homenaxe á cultura, á tradición e ás costumes galegas a partir dunha escolma de pezas da literatura galega: desde o Medievo ata os últimos anos, pasando polos Séculos escuros, o Rexurdimento, e o século XX, lembrando o contexto histórico que tanto influíu na situación actual da nosa lingua.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. A cada concello corresponderalle no segundo ciclo do circuíto unha achega máxima de 3.800 euros para financiar ata cinco espectáculos, incluídos nun amplo catálogo de danza e teatro posto á súa disposición (e dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra) e que segue medrando, xa que as compañías poden adherirse ata finais deste mes de febreiro.

Relacionadas

A lucense Alba López gaña o XLII Concurso Internacional de Mozos Manejadores de Frisón...

0
• A COMPETICIÓN CONTOU CON 34 PARTICIPANTES DE GALICIA, ASTURIAS, CANTABRIA, PAÍS VASCO, BALEARES E FINLANDIA • CELEBROUSE ESTA TARDE NESTA V FEIRA PROFESIONAL DE...

O xalleiro Iker García, campión do XX Concurso de Preparadores de Gando Frisón GandAgro´25

0
CELEBROUSE HOXE NA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA, AGRICULTURA E GANDERÍA, ABANCA CIMAG-GANDAGRO 2025 ESTA TARDE TAMÉN SE ESTÁ LEVANDO A CABO O XLII CONCURSO...

Luis López destaca a relación estreita entre o ciclismo e a provincia, que volverá...

0
“O ciclismo é o estandarte da provincia do deporte e o complemento perfecto para o modelo de turismo das Rías Baixas”, afirma López na...

O Concello de Tui impartira o novidoso programa “Coida o corpo” en todas as...

0
A inscrición abre o próximo luns. A actividade comezará no mes de marzo O Concello de Tui desenvolverá a partir do próximo mes de marzo...

700 inscritos na 3ª edición de CorreMos contra o Cancro

0
-          O recadado coas inscricións vai destinado á AECC de Mos -          Os interesados en participar na andaina aínda poden facer a súa inscrición o propio domingo...

O BNG de Vigo denuncia a pinza de PSOE e PP para “impoñer un...

0
Critican que o Partido Popular urxa agora a aprobación definitiva dun planeamento elaborado na escuridade dos despachos e sen atender miles de alegacións veciñais A...

Publicacións Relacionadas