O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar en Madrid na reunión do Consello de Goberno da Rede Española de Cidades Saudables, organismo dependente da FEMP e do que Luis López é vicepresidente segundo. A sesión, entre outros asuntos ordinarios, serviu para aprobar o convenio para o ano 2025 entre o Ministerio de Sanidad e a FEMP para a potenciación da Rede Española de Cidades Saudables, así como o acordo marco de colaboración da FEMP coa Fundación Española do Corazón. Así mesmo, aprobouse a convocatoria de axudas da RECS e informouse sobre diversas actividades derivadas do convenio coa Asociación Española contra o Cancro ou a quinta edición dos premios de calidade da RECS.