Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación reafirma o compromiso de colaboración coa Xunta na dotación de16...

A Deputación reafirma o compromiso de colaboración coa Xunta na dotación de16 brigadas a catro mancomunidades da provincia para a loita contra os lumes

- Anuncio -

A institución ourensá e o goberno autonómico avanzan no desenvolvemento deste programa piloto, cunha reunión na delegación territorial da Xunta en Ourense

A iniciativa inclúese no protocolo de colaboración para o desenvolvemento de actuacións conxuntas dirixidas ao mantemento e conservación das infraestruturas preventivas e da contorna forestal na prevención a defensa contra os incendios

Destinaranse catro brigadas, compostas por cinco integrantes, para cada unha das mancomunidades e poderán levar a cabo tanto tarefas de prevención como de extinción por un período de seis meses

A Deputación de Ourense, en colaboración coa Xunta de Galicia, avanza nun programa piloto para dotar con 16 brigadas a catro mancomunidades da provincia na loita contra os lumes. Esta iniciativa enmárcase dentro do protocolo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Deputación de Ourense, -sendo a ourensá a primeira deputación galega en firmar este tipo de convenios-, para realizar actuacións que teñen como obxectivo a prevención e a defensa contra os incendios forestais.

O deputado de Medio Ambiente, José María Lago, participou nunha reunión de traballo para avanzar neste proxecto, hoxe na delegación territorial da Xunta de Galicia en Ourense. Participaron tamén o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, os presidentes das mancomunidades de Verín, José Luis Suárez; do Carballiño, Fernando Rodríguez; de Terra de Celanova, Jaime Sousa; e do Ribeiro, Francisco José Fernández.

O programa piloto permitirá que estas mancomunidades conten con 16 brigadas para a loita contra os incendios forestais. A Deputación de Ourense consolida así o compromiso de colaboración coa Xunta na prevención de lumes, clave para a conservación do medio e a seguridade das persoas e dos bens.

O protocolo consta de seis actuacións relacionadas coa adquisición de tractores rozadoiras e maquinaria motoniveladora; coa cesión de maquinaria e a aportación de máquinas multifunción; coa formación do persoal dos concellos e mancomunidades no emprego destas ferramentas, a través do Centro Integral de Loita contra o Lume situado no municipio de Toén; e co desenvolvemento do programa piloto de dotación de brigadas.

Estas brigadas, das cales se destinarían catro para cada mancomunidade con cinco integrantes en cada unha, levarán a cabo tarefas de prevención e, no caso de ser requiridos polo distrito forestal, poderán actuar no caso de extinción dun incendio forestal. A disposición destas brigadas sería por unha duración de seis meses, segundo se contemplou dentro do protocolo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Deputación de Ourense.

Así, mediante este protocolo fomentaranse os traballos de roza de matogueira para xestionar a biomasa. O obxectivo é realizar actuacións conxuntas dirixidas ao mantemento e a conservación das infraestruturas preventivas e da contorna agroforestal no territorio provincial.

Un convenio pioneiro

Con anterioridade, en novembro de 2023, a colaboración entre a Deputación e Medio Rural plasmouse na entrega de tractores e apeiros para a prevención de lumes forestais a 13 concellos da provincia. Esta liña de colaboración supuxo por aquel entón un investimento  conxunto de 1,3 millóns de euros.

En febreiro de 2024, este protocolo de colaboración reforzouse cunha nova achega que acadou o orzamento máximo de 3,8 millóns de euros, triplicando o importe do anterior acordo para o mantemento e a conservación das infraestruturas preventivas. De estes, a Deputación aporta 1,3 millóns e a Xunta o importe restante.

Neste documento, incorporouse o programa piloto que centrou a reunión celebrada esta mañá. 

Relacionadas

Luis López destaca a relación estreita entre o ciclismo e a provincia, que volverá...

0
“O ciclismo é o estandarte da provincia do deporte e o complemento perfecto para o modelo de turismo das Rías Baixas”, afirma López na...

Luis López convida a empregar a lingua galega no acto de conmemoración do Día...

0
A Deputación impulsa un certame educativo, con premios valorados en 4.500 euros, para dar a coñecer a obra da poeta galega no que os...

A Deputación aproba o proxecto para a mellora da seguridade viaria na EP-1202 Seixo-San...

0
Os obras, cuxo orzamento ascende aos 610.000 euros e están financiadas integramente con fondos provinciais, terán unha duración aproximada de tres meses A Deputación de...

A Deputación adxudica por 380.000 euros a mellora da mobilidade peonil na contorna da...

0
O presidente provincial Luis López asegurou que as obras, financiadas ao 100% pola Deputación, “van mellorar a contorna e os espazos públicos no treito...

A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, asiste ao acto de entrega do Premio Laxeiro...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra asistiu hoxe na Sede da Fundación Laxeiro ao acto de entrega do Premio Laxeiro 2025, organizado pola fundación...

A Deputación conmemora o Día Internacional do Guía de Turismo abrindo de maneira gratuíta...

0
A institución provincial únese á celebración desta efeméride e as persoas interesadas poderán coñecer esta edificación histórica de xeito gratuíto este venres ata as...

Publicacións Relacionadas