Home A Coruña Ribeira presenta un Entroido enxebre, colaborativo e aberto ás parroquias 

Ribeira presenta un Entroido enxebre, colaborativo e aberto ás parroquias 

- Anuncio -

Hoxe presentouse no auditorio municipal a programación das actividades do Entroido 2025 de Ribeira coa presenza do concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, a concelleira delegada de Promoción Económica, Genoveva Betanzos e o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones. 

A programación comezará o vindeiro venres 28 de febreiro “sabedes que é un entroido no que o martes non vai a ser festivo, non por iso imos a deixar de celebrar e a programación se vai a centrar pa o fin de semana” afirmou a concelleira de Cultura. Antía destacou que é un entroido colaborativo coas entidades sociais locais que se prestaron para a organización de actividades nas que destacan o festivas das Amas de Casa, o festival do Liceo, o baile do Centro Recreativo de Artes… 

Como novidade destacou que vai a haber uns premios para o Enterro do Felipe “porque quixemos remarcar este ano esta tradición que temos tan arraigada aquí, coas súas cantigas propias, as choronas, toda unha murga destinada a este singular enterro e queima”. Antía quixo agradecer, aparte do Felipe de Palmeira, neste ano en especial ao Felipe que se fará este ano en Bandaorrío porque os veciños da asociación Cultural de Bandaorrío se prestaron para facer o Felipe o cal lle agradecemos dende o concello”. 

Este ano haberá unha Carpa en Bandaorrío onde haberá un festival infantil o martes pola tarde, aparte das Murgas para o domingo 2 de marzo, e tamén o sábado 1 o Dj Diego Tercero para a mocidade dende as 11:00 h até as 3:00 h da madrugada. 

Betanzos anunciou que haberá charangas polas rúas de ribeira e nas parroquias para dinamizar o comercio, tamén falou dos concursos de disfrazes que comezaran ás 12 do mediodía do venres 28 até o 5 demarzo ás 22:00 h. As bases do concurso están na web do concello en https://www.ribeira.gal/entroido-2025. Genoveva quixo agradecer a colaboración dos doce establecementos da hostalería neste concurso no que se repartirán este ano 2.000 € en premios. 

Suárez-Puerta lembrou que é unha festa moi propia de Ribeira “que un pouco foi perdendo forza e queremos que vaia recuperando o pulso que coidamos que nunca deixou de ter e por iso dende tódalas áreas do concello fixemos unha programación mais aberta pensadas para as parroquias. O segundo tenente de alcalde resaltou o mércores co enterro do Felipe, “no que se potenciará á súa tradición”. 

O concelleiro de Sanidade sumouse ao agradecemento á Asociación Cultural de Bandaorrío e engadiu “este ano no temos o martes festivo pero imos ter seis días dende o venres”, finalmente deulle os parabéns a tódolos establecementos colaborados, así como a tódalas asociacións locais implicadas. 

PROGRAMACIÓN 

VENRES, 28 de febreiro 

MÚSICA NA RÚA 

Charanga “OS CELTAS DA BAÑA”, en Ribeira, dende as 9 da noite ata medianoite! 

Charanga “CHARANDONGA”, en Oleiros, a partir das 6 da tarde! SÁBADO, 1 de marzo 

FESTA INFANTIL DE ENTROIDO DE AMAS DE CASA 

No Liceo Marítimo de Ribeira a partir das 5 da tarde! 

Con animación DJ, desfile, chocolate con churros, lambetadas e moita diversión. 

Entrada de balde. 

Organiza Amas de Casa de Ribeira coa Concellería de Cultura.

SESIÓN Dj CON DIEGO TERCERO 

Dende ás 11 até as 3:00 h da madrugada. 

FESTA DE ENTROIDO EN PALMEIRA 

No Pavillón Alcalde Torres Colomer de Palmeira a partir das 12 e media da mañá! 

Con sesión vermú cos CHISPAS, laconada, charanga, actuación DJ e Enterro do Felipe. 

Entrada con aportación para fins benéficos, a través da Comisión de Festas de Palmeira. 

MÚSICA NA RÚA 

Charanga “CHARANDONGA”, en Castiñeiras, dende as 12 e media da mañá, e en Carreira a partir das 5 e media da tarde! 

Charanga “FANFARRIA FURRUXA”, en Palmeira, a partir das 4 da tarde e en Olveira (Sirves), a partir das 7 da tarde! 

Charanga “OS CELTAS DA BAÑA”, en Ribeira, a partir das 10 da noite! DOMINGO, 2 de marzo 

MÚSICA NA RÚA 

Charanga “OS CELTAS DA BAÑA”, en Aguiño, a partir das 12 da mañá! Charanga “FANFARRIA FURRUXA”, en Artes, a partir das 12 da mañá! Charanga “GÁRGOLAS”, en Corrubedo, a partir das 12 e media da mañá! 

CONCURSO, DESFILE E FESTIVAL DE MURGAS e COMPARSAS Ás 5 da tarde sairán do novo Auditorio Municipal as murgas e comparsas, acompañadas no desfile pola Charanga “BB+” e “LATEXO PERCUSIÓN” así como unha morea de personaxes que advertirán ao cidadán dos perigos de andaren a soas polas rúas. 

Desfile por Constitución, Estatuto, Rosalía de Castro, Galicia, García Bayón, Malecón, Romero Ortiz e Manzanares ata a Carpa do Entroido. Actuación na Carpa do Entroido de Bandourrío. 

As “Murgas Adultas” competirán no festival por un Primeiro Premio de 1.000 €, un Segundo Premio de 600 €, un Terceiro Premio de 400 € e un Premio á mellor murga Local de 800 €, para o que haberá un Xurado Entroido-Profesional.

Presentará o desfile a artista e influencer local NUSKA CHOUSA. Bases completas en www.ribeira.gal 

FESTA INFANTIL DE ENTROIDO DO LICEO 

No Liceo Marítimo de Ribeira a partir das 5 da tarde! 

Con animación musical, desfile, lambetadas e moita diversión. Entrada de balde. 

Organiza Liceo Marítimo de Ribeira coa Concellería de Cultura. 

BAILE DE ENTROIDO EN ARTES 

No Centro Recreativo de Artes a partir das 6 da tarde! 

Coa actuación do Trío Musical D´13 

Organiza Centro Recreativo de Artes coa Concellería de Cultura. LUNS, 3 de marzo 

EXPRESO DO ENTROIDO 

Tren infantil que percorrerá as distintas rúas da cidade. 

Saída e chegada da praza do Concello, de 16.30 a 19.30 h. Nota: A entrada será gratuíta. A primeira hora será de acceso preferente para persoas neurodiverxentes. 

MARTES, 4 de marzo 

CHOQUEIRADA INFANTIL CON CONCURSO DE DISFRACES De 5 a 8 e media da tarde na Carpa do Entroido en Bandourrío. Amenizada por animadores, inchables, lambetadas, obradoiros variados, Dj e moito máis… 

O desfile e concurso de disfraces será ás 7 e media da tarde! A rapazada que queira participar no CONCURSO DE DISFRACES deberá desfilar na pasarela e enviar fotografía desfilando a comercio@ribeira.gal. Haberá 5 premios de vales de 100 € para gastar no comercio local. Consulta toda a información sobre os prazos de envío, documentación, etc. nas bases en www.ribeira.gal 

MÉRCORES, 5 de marzo 

EXPRESO DO ENTROIDO 

Tren infantil que percorrerá as distintas rúas da cidade. 

Saída e chegada da praza do Concello, de 16.00 a 19.00 h.

Nota: A entrada será gratuíta. A primeira hora será de acceso preferente para persoas neurodiverxentes. 

MÚSICA NA RÚA 

Charanga “OS CELTAS DA BAÑA”, en Ribeira a partir das 6 e media da tarde! 

ENTERRO DO FELIPE 

Saída do acompañamento ás 7 e media da tarde dende Capitanía Marítima. 

Percorrido por Malecón, Concordia, Rúa Galicia, Santa Uxía, Alcalde Fernández Bermúdez, Rosalía de Castro, Galicia, Manzanares ata chegar á Praza dos Mariñeiros onde terá lugar a queima con fogos de artificio. Acompañados da Charanga Os Celtas da Baña. 

Os choróns e choronas que acudan á comitiva poderán participar no concurso de disfraces e optar a premios de 100 € (individual) e 300 € (grupo). 

A continuación degustación de doces de Entroido na Carpa do Entroido en Bandourrío. 

Colabora: Asociación social e cultural de Bandourrío. 

DURANTE TODO O ENTROIDO: CONCURSO DE DISFRACES! Dende as 12 do mediodía do venres 28 de febreiro ao mércores 5 de marzo ás 22:00 h. 

Poderán participar persoas maiores de 18 anos. Consulta as bases completas e os bares participantes en www.ribeira.gal 

PREMIOS: 

– INDIVIDUAL 

1º PREMIO: 150 € 

2º PREMIO: 75 € 

3º PREMIO: 50 € 

– PARELLA OU TRÍO 

1º PREMIO: 250 € 

2º PREMIO: 150 € 

3º PREMIO: 100 € 

– GRUPO (min. catro persoas) 

1º PREMIO: 425€ 

2º PREMIO: 250€ 

3º PREMIO: 150 € 

– CATEGORÍA ENTERRO DO FELIPE

  1. A) PREMIO INDIVIDUAL AO MELLOR DISFRACE DE CHORÓN/CHORONA: 100 € 
  2. B) PREMIO AO GRUPO MÁIS NUMEROSO DE CHORÓNS/CHORONAS: 300 €

Relacionadas

A corporación aprobará un ambicioso proxecto estratéxico que prevé un investimento de 15 millóns...

0
A corporación municipal celebrará o luns 24 o pleno correspondente ao mes de febreiro, con varios asuntos de calado. Entre eles destaca a solicitude...

Carballo celebrou o 125º aniversario do pasamento de Alfredo Brañas cun acto protagonizado pola...

0
Evencio Ferrero lembrou tamén a César Lombera, autor da escultura situada na rúa Coruña, que faleceu hai menos dun mes Hoxe cumpríronse 125 anos do...

Concello de Ribeira e a Federación Galega de Salvamento presentan un novo curso de...

0
Hoxe presentouse, por segundo ano consecutivo, un novo curso de socorrismo por parte do alcalde, Luís Pérez, xunto co vicepresidente da Federación de Salvamento...

Trémola Teatro chega este sábado a Neda coas súas “Historias soñadas”, inspiradas en Rosalía...

0
O Concello de Neda programa este sábado, a partir das 12 horas, no marco das actividades especiais con motivo do Día de Rosalía, o...

Unha exposición de traxes tradicionais de Galicia abre o programa de actividades do Mes...

0
A Igrexa de Bastavales acollerá mañá sábado, ás 17:00 horas, unha experiencia musical e artística da man da soprano Esperanza Mara e cunha ofrenda...

Chega o Entroido máis rexoubeiro e máis compostelán dos últimos anos

0
A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, acompañada da xenerala da Ulla, Lucía Domínguez, que estará xunto con Alba de Santos a cargo do pregón...

Publicacións Relacionadas