Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación aproba o proxecto para a mellora da seguridade viaria na...

A Deputación aproba o proxecto para a mellora da seguridade viaria na EP-1202 Seixo-San Tomé de Piñeiro, en Marín

- Anuncio -

Os obras, cuxo orzamento ascende aos 610.000 euros e están financiadas integramente con fondos provinciais, terán unha duración aproximada de tres meses

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o proxecto para levar a cabo as obras de mellora da seguridade viaria na EP-1202 Seixo-San Tomé de Piñeiro, en Marín. Cun orzamento de 610.000 euros financiado integramente con fondos provinciais, estes traballos englóbanse, tal e como explicou o presidente Luis López, dentro da aposta da Deputación “por salvagardar a debido prestación do servizo público viario e mellorar a seguridade na totalidade da rede de estradas provinciais”.

Os traballos, que terán unha duración aproximada de tres meses, consisten na mellora da capa de rodadura para garantir a seguridade e a comodidade na circulación, así como a reposición do firme nun treito de algo máis de dous quilómetros de lonxitude.

Tamén se limparán e rozarán e limparán as cunetas por ambas marxes e mellorarase a drenaxe. Ademais, durante as obras aproveitarase para realizar a limpeza integral da estrada e a mellora e reposición tanto da sinalización horizontal como da vertical.

Relacionadas

A lucense Alba López gaña o XLII Concurso Internacional de Mozos Manejadores de Frisón...

0
• A COMPETICIÓN CONTOU CON 34 PARTICIPANTES DE GALICIA, ASTURIAS, CANTABRIA, PAÍS VASCO, BALEARES E FINLANDIA • CELEBROUSE ESTA TARDE NESTA V FEIRA PROFESIONAL DE...

O xalleiro Iker García, campión do XX Concurso de Preparadores de Gando Frisón GandAgro´25

0
CELEBROUSE HOXE NA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA, AGRICULTURA E GANDERÍA, ABANCA CIMAG-GANDAGRO 2025 ESTA TARDE TAMÉN SE ESTÁ LEVANDO A CABO O XLII CONCURSO...

Luis López destaca a relación estreita entre o ciclismo e a provincia, que volverá...

0
“O ciclismo é o estandarte da provincia do deporte e o complemento perfecto para o modelo de turismo das Rías Baixas”, afirma López na...

O Concello de Tui impartira o novidoso programa “Coida o corpo” en todas as...

0
A inscrición abre o próximo luns. A actividade comezará no mes de marzo O Concello de Tui desenvolverá a partir do próximo mes de marzo...

700 inscritos na 3ª edición de CorreMos contra o Cancro

0
-          O recadado coas inscricións vai destinado á AECC de Mos -          Os interesados en participar na andaina aínda poden facer a súa inscrición o propio domingo...

O BNG de Vigo denuncia a pinza de PSOE e PP para “impoñer un...

0
Critican que o Partido Popular urxa agora a aprobación definitiva dun planeamento elaborado na escuridade dos despachos e sen atender miles de alegacións veciñais A...

Publicacións Relacionadas