Home Pontevedra O BNG de Vigo denuncia a pinza de PSOE e PP para...

O BNG de Vigo denuncia a pinza de PSOE e PP para “impoñer un PXOM ao servizo dos poderosos intereses dos de sempre”

- Anuncio -

Critican que o Partido Popular urxa agora a aprobación definitiva dun planeamento elaborado na escuridade dos despachos e sen atender miles de alegacións veciñais

A fronte nacionalista esixe transparencia na tramitación final do novo PXOM e que se dean a coñecer os cambios que sufriu o documento desde a súa aprobación inicial

Xabier P. Igrexas: “O BNG seguiremos a defender até o final, inda que sexa en solitario fronte ao ‘PPSOE’, que o novo Plan Xeral ten que avanzar cara un Vigo máis sustentábel colocando o urbanismo ao servizo da veciñanza e do interese xeral”

Diante do anuncio por parte do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de que o Concello recibiu o derradeiro informe favorábel do servizo de Costas ao novo PXOM e das declaracións do portavoz municipal do PP, Miguel Martin, urxindo a súa aprobación desde o Bloque Nacionalista Galego critican a “pinza de PSOE e PP para impoñeren un Plan Xeral “ao servizo dos poderosos intereses dos de sempre”.

Así o trasladou o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, asegurando que “agora xa entendemos o cheque en branco da Xunta de Galiza á tramitación do novo Plan Xeral, sen poñer un só reparo a escándalos como a recualificación de Cabo Estai para seis chalets VIP, a imposición de viais que tronzarán as parroquias da cidade, como o trazado da A-52 ou a PO-010, ou que se vaia arrasar con 25 mil metros cadrados de bosque facendo desaparecer a carballeira de Casaliños en Navia”.

Para Igrexas é claro que cando se aproxima a tramitación final do novo PXOM “o PP de Vigo acabou por quitar a careta deixando claro o seu apoio a un planeamento que insiste nun modelo de cidade gris e insustentábel ao servizo dos intereses urbanísticos duns poucos”.

“O PP pasou dunha abstención aparente e de afirmar que o planeamento elaborado polo Goberno era un mal PXOM para acabar reclamando que se aprobe canto antes”, reprochou lembrando que o BNG foi a única forza que votou en contra da aprobación provisional, en decembro de 2023, na que se rexeitaban o groso das alegacións veciñais.

Esixen transparencia

Desde o BNG esixen ao Goberno municipal que a tramitación que resta do novo planeamento se faga coa máxima transparencia. Nese sentido, anuncian que no próximo Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo volverán esixirán a comparecencia urxente da equipa redactora do novo Plan. Aliás, demandan que antes de que o documento se leve a Pleno se actualice o visor web do novo PXOM incorporando de maneira clara e visíbel os cambios que sufriu desde a aprobación inicial.

“A veciñanza ten dereito a coñecer as modificacións, algunhas delas aberrantes, que se fixeron no PXOM desde a súa aprobación inicial que foi o único momento no que se puideron presentar alegacións, o contrario será unha colosal fraude antidemocrática”, reclaman. Neste sentido, advirten de que se os cambios son relevantes e de alcance significativo defenderán que se abra un novo proceso de exposición pública previo á aprobación definitiva.

Por outra parte, insisten na necesidade de reactivar o Consello Sectorial de Urbanismo para permitir un amplo debate social, coa participación do tecido asociativo, organizacións sindicais e todos os axentes urbanísticos, antes da decisión do Pleno.

Oportunidade perdida

Igrexas lamenta o “empeño de Abel Caballero, agora secundado polo Partido Popular, de perder a oportunidade de dotar Vigo dun PXOM de toda a cidade e para toda a cidade”.

“O BNG seguiremos a defender até o final, inda que sexa en solitario fronte ao ‘PPSOE’, que o novo Plan Xeral ten que avanzar cara un Vigo máis sustentábel colocando o urbanismo ao servizo da veciñanza e do interese xeral”, remachou Igrexas.

O nacionalista defende que o novo planeamento debe permitir unha mellor vertebración territorial da cidade“deixando de castigar os barrios e parroquias como periferia”, cunha nova mobilidade que pivote no transporte público e garantindo o dereito á vivenda, mobilizando as máis de 22 mil vivendas baleiras que existen nun parque público de vivenda protexida e social.

Relacionadas

A lucense Alba López gaña o XLII Concurso Internacional de Mozos Manejadores de Frisón...

0
• A COMPETICIÓN CONTOU CON 34 PARTICIPANTES DE GALICIA, ASTURIAS, CANTABRIA, PAÍS VASCO, BALEARES E FINLANDIA • CELEBROUSE ESTA TARDE NESTA V FEIRA PROFESIONAL DE...

O xalleiro Iker García, campión do XX Concurso de Preparadores de Gando Frisón GandAgro´25

0
CELEBROUSE HOXE NA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA, AGRICULTURA E GANDERÍA, ABANCA CIMAG-GANDAGRO 2025 ESTA TARDE TAMÉN SE ESTÁ LEVANDO A CABO O XLII CONCURSO...

Luis López destaca a relación estreita entre o ciclismo e a provincia, que volverá...

0
“O ciclismo é o estandarte da provincia do deporte e o complemento perfecto para o modelo de turismo das Rías Baixas”, afirma López na...

O Concello de Tui impartira o novidoso programa “Coida o corpo” en todas as...

0
A inscrición abre o próximo luns. A actividade comezará no mes de marzo O Concello de Tui desenvolverá a partir do próximo mes de marzo...

700 inscritos na 3ª edición de CorreMos contra o Cancro

0
-          O recadado coas inscricións vai destinado á AECC de Mos -          Os interesados en participar na andaina aínda poden facer a súa inscrición o propio domingo...

O BNG esixe transparencia á Xunta sobre o novo contrato singular con Povisa na...

0
A fronte nacionalista traslada iniciativas no Parlamento galego ante a opacidade do PP na negociación do novo acordo co hospital privado, tras varias prórrogas...

Publicacións Relacionadas