Home Pontevedra Baixo Miño O Concello de Tui impartira o novidoso programa “Coida o corpo” en...

O Concello de Tui impartira o novidoso programa “Coida o corpo” en todas as parroquias

- Anuncio -
A inscrición abre o próximo luns. A actividade comezará no mes de marzo

O Concello de Tui desenvolverá a partir do próximo mes de marzo o programa “Coida o corpo” en todas as parroquias tudenses. Tras a exitosa experiencia piloto posta en marcha en outubro en Guillarei e Ribadelouro amplíase agora á totalidade das parroquias. A iniciativa desenvolverase en grupos, de 15 persoas, maiores de 55 anos, a cargo de  técnicos da Actividade Física e do Deporte de AFAGA.

Deste xeito o Concello de Tui reafirma a súa aposta pola prevención e pola promoción dunha vida saudable.

“Coida o corpo” súmase a “Cultiva a mente” un programa de prevención do deterioro cognitivo no que Tui foi pioneiro dende 2019, e no que se apostou por descentralizar estas actividades e realizalas en cada unha das parroquias tudenses, favorecendo non só un envellecemento activo, senón tamén a socialización entre a veciñanza.  Con estes dous programas o Concello de Tui presta unha atención integral e preventiva das persoas participantes tanto a nivel da mente e coma do corpo.

O programa Coida o Corpo está deseñado para exercitar o corpo a través dunha metodoloxía activa e dinámica, traballaranse habilidades como a coordinación, forza, flexibilidade e resistencia. 

O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, destaca a importancia deste programa co que se reafirma a aposta decidida do Concello de Tui  no eido dos servizos sociais.

As sesións terán unha duración dunha hora unha vez á semana. Serán os luns ás 10 h Ribadelouro e ás 11.30 h en Guillarei, os martes ás 10 h en Pazos de Reis e ás 11.30 h en Areas, os mércores ás 10 h en Caldelas, ás 11.30 h en Paramos, ás 16 h en Baldráns e ás 17.30  h en Rebordáns. Mentres os xoves ás 16 h impartirase en Randufe, ás 17.30 h en Malvas e ás 19 h en Pexegueiro.

A inscrición pode realizarse, dende o próximo luns 24 de febreiro, a través do rexistro de entrada ou da sede electrónica do Concello. O impreso de solicitude pode descargarse en tui.gal ou recollerse impreso na casa do concello. En conxunto ofértanse 160 prazas.

Relacionadas

A lucense Alba López gaña o XLII Concurso Internacional de Mozos Manejadores de Frisón...

0
• A COMPETICIÓN CONTOU CON 34 PARTICIPANTES DE GALICIA, ASTURIAS, CANTABRIA, PAÍS VASCO, BALEARES E FINLANDIA • CELEBROUSE ESTA TARDE NESTA V FEIRA PROFESIONAL DE...

O xalleiro Iker García, campión do XX Concurso de Preparadores de Gando Frisón GandAgro´25

0
CELEBROUSE HOXE NA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA, AGRICULTURA E GANDERÍA, ABANCA CIMAG-GANDAGRO 2025 ESTA TARDE TAMÉN SE ESTÁ LEVANDO A CABO O XLII CONCURSO...

Luis López destaca a relación estreita entre o ciclismo e a provincia, que volverá...

0
“O ciclismo é o estandarte da provincia do deporte e o complemento perfecto para o modelo de turismo das Rías Baixas”, afirma López na...

700 inscritos na 3ª edición de CorreMos contra o Cancro

0
-          O recadado coas inscricións vai destinado á AECC de Mos -          Os interesados en participar na andaina aínda poden facer a súa inscrición o propio domingo...

O BNG de Vigo denuncia a pinza de PSOE e PP para “impoñer un...

0
Critican que o Partido Popular urxa agora a aprobación definitiva dun planeamento elaborado na escuridade dos despachos e sen atender miles de alegacións veciñais A...

O BNG esixe transparencia á Xunta sobre o novo contrato singular con Povisa na...

0
A fronte nacionalista traslada iniciativas no Parlamento galego ante a opacidade do PP na negociación do novo acordo co hospital privado, tras varias prórrogas...

Publicacións Relacionadas