Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López destaca a relación estreita entre o ciclismo e a provincia,...

Luis López destaca a relación estreita entre o ciclismo e a provincia, que volverá ser escenario de La Vuelta, na presentación do equipo ciclista Supermercados Froiz

- Anuncio -

“O ciclismo é o estandarte da provincia do deporte e o complemento perfecto para o modelo de turismo das Rías Baixas”, afirma López na posta de largo do Froiz  en Poio, na que se presentou o perfil da etapa que unirá o 9 de setembro Combarro e Mos

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta a estreita relación entre o ciclismo e a provincia, que volverá ser este ano escenario de grandes carreiras de impacto internacional como La Vuelta a España ou O Gran Camiño, que consolidan á de Pontevedra como “a provincia do do deporte, especialmente a do ciclismo”. Fíxoo diante do mosteiro de Poio, onde tivo lugar a presentación do Grupo Deportivo Supermercados Froiz para a presente tempada e na que participaron, ademais do mandatario provincial, grandes figuras do ciclismo nacional, os dirixentes e ciclistas do equipo local, o alcalde Ángel Moldes e o secretario xeral para o Deporte, Jose Ramón Lete Lasa.

“Se Pontevedra é a provincia do ciclismo, non o é so pola tradición de equipos como o Supermercados Froiz, tampouco polo amplo número de ciclistas que percorren as nosas vías, nin polo éxito de organización e participación das carreiras que organizan os nosos clubs, asociacións ou federación. O ciclismo é o estandarte da provincia do deporte e o complemento perfecto para o modelo de turismo que ofrece as Rías Baixas”, remarcou o presidente Luis López durante a súa intervención.

Conducido polo xornalista Terio Carrera, o acto comezou coa proxección dun vídeo sobre a tempada 2024 cunha referencia especial á vitoria de Miguel Rodríguez no campionato de España sub 23. Despois de presentar o plantel do equipo de ciclocrós, o presentador conversou cos ciclistas Aroa Otero e Miguel Rodríguez. Logo tomou a palabra o secretario xeral para o Deporte, Jose Ramón Lete Lasa; para continuar cun vídeo dun adestramento do equipo ciclista e, a continuación, a presentación dos corredores do plantel do GD Supermercados Froiz, que rematou cunha conversa entre o ciclista Guillermo García janeiro e o director deportivo Evartisto Portela, ao que o presidente Luis López lle dedicou palabras de agarimo e admiración.

A segunda parte do acto centrouse nun dos grandes acontecementos deportivos que vivirá a provincia este ano e no que Poio será protagonista. Despois de proxectar un vídeo con imaxes de Combarro, presentouse o perfil da décimo sexta etapa de La Vuelta a España, que unirá o vindeiro 9 de setembro Combarro (Poio) e o Alto de Herville (Mos), cunha conversa entre os exciclistas Óscar Pereiro e Pedro Delgado e o director xeral de La Vuelta, Javier Guillén. O acto rematou cunha entrega de agasallos, unha foto de familia e os discursos do presidente provincial e o alcalde de Poio.

“Por segundo ano consecutivo, a provincia de Pontevedra volverá formar parte do percorrido de dúas das máis grandes carreiras ciclistas do calendario internacional. A primeira, a vindeira semana, coa segunda etapa do Gran Camiño entre Marín e A Estrada; e a segunda terá lugar no verán, cun novo paso de La Vuelta a España na que Poio será o gran protagonista ao ser punto de partida da etapa 16”, salientou Luis López, quen lembrou a figura de Magín Froiz para desexar sorte ao equipo pontevedrés. “Esta provincia sempre vai estar orgullosa dun equipo que sempre o dá todo”, concluíu Luis López.

Ao remate do acto e convidado polo alcalde Ángel Moldes, o presidente Luis López, xunto co director xeral de La Vuelta, Javier Guillén; e os exciclistas Pedro Delgado, Álvaro Pino e Óscar Pereiro, asinou no libro de honra do Concello de Poio.

Relacionadas

A lucense Alba López gaña o XLII Concurso Internacional de Mozos Manejadores de Frisón...

0
• A COMPETICIÓN CONTOU CON 34 PARTICIPANTES DE GALICIA, ASTURIAS, CANTABRIA, PAÍS VASCO, BALEARES E FINLANDIA • CELEBROUSE ESTA TARDE NESTA V FEIRA PROFESIONAL DE...

O xalleiro Iker García, campión do XX Concurso de Preparadores de Gando Frisón GandAgro´25

0
CELEBROUSE HOXE NA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA, AGRICULTURA E GANDERÍA, ABANCA CIMAG-GANDAGRO 2025 ESTA TARDE TAMÉN SE ESTÁ LEVANDO A CABO O XLII CONCURSO...

O Concello de Tui impartira o novidoso programa “Coida o corpo” en todas as...

0
A inscrición abre o próximo luns. A actividade comezará no mes de marzo O Concello de Tui desenvolverá a partir do próximo mes de marzo...

700 inscritos na 3ª edición de CorreMos contra o Cancro

0
-          O recadado coas inscricións vai destinado á AECC de Mos -          Os interesados en participar na andaina aínda poden facer a súa inscrición o propio domingo...

O BNG de Vigo denuncia a pinza de PSOE e PP para “impoñer un...

0
Critican que o Partido Popular urxa agora a aprobación definitiva dun planeamento elaborado na escuridade dos despachos e sen atender miles de alegacións veciñais A...

O BNG esixe transparencia á Xunta sobre o novo contrato singular con Povisa na...

0
A fronte nacionalista traslada iniciativas no Parlamento galego ante a opacidade do PP na negociación do novo acordo co hospital privado, tras varias prórrogas...

Publicacións Relacionadas