Home Pontevedra Deza O xalleiro Iker García, campión do XX Concurso de Preparadores de Gando...

O xalleiro Iker García, campión do XX Concurso de Preparadores de Gando Frisón GandAgro´25

- Anuncio -
  • CELEBROUSE HOXE NA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA, AGRICULTURA E GANDERÍA, ABANCA CIMAG-GANDAGRO 2025
  • ESTA TARDE TAMÉN SE ESTÁ LEVANDO A CABO O XLII CONCURSO INTERNACIONAL DE XÓVENES MANEXADORES E MAÑÁ OS MORFOLÓCICOS XXXVII OPEN INTERNACIONAL E XXXIII AUTONÓMICO DA RAZA FRISOA

Iker García Amarelle, da gandería O Rubio, de Santa Comba (A Coruña), resultou gañador do XX Concurso Internacional de Preparadores de Gando GandAgro´25, o cal se celebrou esta tarde no marco da V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2025. Esta ten lugar na Feira Internacional de Galicia ABANCA ata mañá sábado.

O segundo posto nesta edición foi para Xabi Montes Vilar, da gandería Casa do Rei Holstein, de Rodeiro (Pontevedra), mentres que o terceiro recaeu en María Otero Naval, da gandería Fontixón, de Castro de Rei (Lugo).

Organizados pola Fundación Semana Verde de Galicia e a Federación Frisoa Galega (Fefriga) co apoio da Consellería do Medio Rural, o concurso foi xulgado polo suízo Marcel Egli.

As partes preparadas a puntuar polo xuíz foron cabeza-pescozo, liña dorso-lumbar, barriga, costelas-corpo, patas, valoración xeral do conxunto, aparencia xeral e final, ademais de valoración do presentador e actitude do presentador.

Ao concurso, patrocinado por Delagro, concorreron nove novos gandeiros de distintos puntos de Galicia. Os participantes dispuxeron de dúas horas (e 30 minutos máis para os nenos de 15 anos ou menos) para pelar e preparar ao animal.

Xóvenes Manexadores

Esta tarde tamén está a ter lugar o XLII Concurso Internacional de Xóvenes Manexadores “Memorial Luis Louzao”, no cal os gandeiros máis novos demostrarán a súa habilidade na presentación en pista dos animais.

Mañá será a quenda dos prestixiosos concursos morfolóxicos XXXVII Open Internacional e XXXIII Autonómico da Razas Frisoa, nos que participan 159 exemplares de alta xenética de Galicia, Asturias, Cantabria, Cataluña e Portugal.

Relacionadas

A lucense Alba López gaña o XLII Concurso Internacional de Mozos Manejadores de Frisón...

0
• A COMPETICIÓN CONTOU CON 34 PARTICIPANTES DE GALICIA, ASTURIAS, CANTABRIA, PAÍS VASCO, BALEARES E FINLANDIA • CELEBROUSE ESTA TARDE NESTA V FEIRA PROFESIONAL DE...

Luis López destaca a relación estreita entre o ciclismo e a provincia, que volverá...

0
“O ciclismo é o estandarte da provincia do deporte e o complemento perfecto para o modelo de turismo das Rías Baixas”, afirma López na...

O Concello de Tui impartira o novidoso programa “Coida o corpo” en todas as...

0
A inscrición abre o próximo luns. A actividade comezará no mes de marzo O Concello de Tui desenvolverá a partir do próximo mes de marzo...

700 inscritos na 3ª edición de CorreMos contra o Cancro

0
-          O recadado coas inscricións vai destinado á AECC de Mos -          Os interesados en participar na andaina aínda poden facer a súa inscrición o propio domingo...

O BNG de Vigo denuncia a pinza de PSOE e PP para “impoñer un...

0
Critican que o Partido Popular urxa agora a aprobación definitiva dun planeamento elaborado na escuridade dos despachos e sen atender miles de alegacións veciñais A...

O BNG esixe transparencia á Xunta sobre o novo contrato singular con Povisa na...

0
A fronte nacionalista traslada iniciativas no Parlamento galego ante a opacidade do PP na negociación do novo acordo co hospital privado, tras varias prórrogas...

Publicacións Relacionadas