Home Pontevedra Deza A lucense Alba López gaña o XLII Concurso Internacional de Mozos Manejadores...

A lucense Alba López gaña o XLII Concurso Internacional de Mozos Manejadores de Frisón na feira Abanca Cimag-GandAgro 2025

- Anuncio -

• A COMPETICIÓN CONTOU CON 34 PARTICIPANTES DE GALICIA, ASTURIAS, CANTABRIA, PAÍS VASCO, BALEARES E FINLANDIA

• CELEBROUSE ESTA TARDE NESTA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA, AGRICULTURA E GANDERÍA

• TAMÉN ESTA TARDE levou A CABO O XX CONCURSO INTERNACIONAL DE PREPARADORES DE GANDO E MAÑÁ SERÁ A QUENDA DOS MORFOLÓXICOS XXXVII OPEN INTERNACIONAL E XXXIII AUTONÓMICO DA RAZA FRISOA

Alba López López, da gandería Quintián, do Páramo (Lugo) foi a gañadora do XLII Concurso Internacional de Mozos Manejadores “Memorial #Luis Louzao”, o cal se celebrou no marco da V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2025. Esta ten lugar na Feira Internacional de Galicia ABANCA ata mañá sábado.

O segundo posto foi María Otero Naval, da gandería Fontixón, de Castro de Rei (Lugo), quen tamén alcanzou a terceira posición esta tarde no XX Concurso Internacional de Preparadores de Gando Frisón. O terceiro posto recaeu en Claudia López García, da gandería López Fontela e Outros, de Aranga (A Coruña).

Organizados pola Fundación Semana Verde de Galicia e a Federación Frisoa Galega (Fefriga) co apoio da Consellería do Medio Rural, o concurso ten como obxectivo que os participantes demostren a súa habilidade na presentación en pista dos animais. O bo manejador é aquel que coñece á perfección a morfoloxía dos seus animais e despois dunha correcta doma, preparación e pelado, é capaz de facer resaltar as virtudes do exemplar que presenta, minimizando ao mesmo tempo os posibles defectos que poida ter.

Ao concurso, patrocinado por Mapfre, concorreron 34 participantes de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Baleares e Finlandia. Con idades comprendidas entre 2 e 26 anos. Foron xulgados polo suízo Marcel Egli.

Novos Preparadores

Esta tarde tamén tivo lugar o XX Concurso Internacional de Preparadores de Gando Frisón, no que os participantes mostraron as súas destrezas preparando aos animais para logo presentalos. Iker García Amarelle, da gandería Ou Rubio, de Santa Comba (A Coruña) foi o gañador. O segundo posto foi para Xabi Montes Vilar, da gandería Casa do Rei Holstein, de Rodeiro (Pontevedra), mentres que o terceiro recaeu en María Otero Naval, da gandería Fontixón, de Castro de Rei (Lugo).

Mañá será a quenda dos prestixiosos concursos morfolóxicos XXXVII Open Internacional e XXXIII Autonómico da Razas Frisoa, nos que participan 159 exemplares de alta xenética de Galicia, Asturias, Cantabria, Cataluña e Portugal.

Relacionadas

O xalleiro Iker García, campión do XX Concurso de Preparadores de Gando Frisón GandAgro´25

0
CELEBROUSE HOXE NA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA, AGRICULTURA E GANDERÍA, ABANCA CIMAG-GANDAGRO 2025 ESTA TARDE TAMÉN SE ESTÁ LEVANDO A CABO O XLII CONCURSO...

Luis López destaca a relación estreita entre o ciclismo e a provincia, que volverá...

0
“O ciclismo é o estandarte da provincia do deporte e o complemento perfecto para o modelo de turismo das Rías Baixas”, afirma López na...

O Concello de Tui impartira o novidoso programa “Coida o corpo” en todas as...

0
A inscrición abre o próximo luns. A actividade comezará no mes de marzo O Concello de Tui desenvolverá a partir do próximo mes de marzo...

700 inscritos na 3ª edición de CorreMos contra o Cancro

0
-          O recadado coas inscricións vai destinado á AECC de Mos -          Os interesados en participar na andaina aínda poden facer a súa inscrición o propio domingo...

O BNG de Vigo denuncia a pinza de PSOE e PP para “impoñer un...

0
Critican que o Partido Popular urxa agora a aprobación definitiva dun planeamento elaborado na escuridade dos despachos e sen atender miles de alegacións veciñais A...

O BNG esixe transparencia á Xunta sobre o novo contrato singular con Povisa na...

0
A fronte nacionalista traslada iniciativas no Parlamento galego ante a opacidade do PP na negociación do novo acordo co hospital privado, tras varias prórrogas...

Publicacións Relacionadas