HomeVigoNigránO Concello de Nigrán ofrece o domingo 9 de marzo unha excursión...

O Concello de Nigrán ofrece o domingo 9 de marzo unha excursión á ‘XXVI Festa do Lacón con Grelos’ de Cuntis

- Anuncio -spot_img

A inscrición, aberta a toda a veciñanza, é o venres 28 de febreiro no Centro Social de Maiores de Vilameán de 9:00 a 12:00 horas e ten un custe de 20€

O Concello de Nigrán ofrece un ano máis, dentro da súa programación de entroido, unha excursión o domingo 9 de marzo á ‘XXVI Festa do Lacón con Grelos’ de Cuntis, declarada de Interese Turístico de Galicia. Está destinada a toda a veciñanza empadroada en Nigrán e ten un custe de 20€ por persoa que inclúe o xantar e o transporte con saída pola mañá desde o Concello. As inscricións serán o venres 28 de febreiro de 9:00 a 12:00 no Centro Social de Vilameán (ao carón do Concello), podendo inscribirse cada interesado/a a un máximo de dúas persoas (sempre co DNI). Os asistentes a esta festa poderán degustar este prato tan típico da gastronomía galega ao tempo que disfrutan da charangas, música e baile, exposicións, xogos… Unha xornada onde cultura, festa e gastronomía van da man.

Publicacións Relacionadas