Home Ourense O Ribeiro A Xunta e o concello de Ribadavia avanzan en iniciativas para a...

A Xunta e o concello de Ribadavia avanzan en iniciativas para a dinamización comercial desta vila

- Anuncio -
  • Na xuntanza púxose de relevo a importancia de continuar con medidas como as que desenvolve este municipio co apoio do Goberno galego a prol do tecido comercial
  • Destacouse o labor desta vila para o aproveitamento e posta en valor do seu potencial turístico e enogastronómico salientándoos como atractivos para o fortalecemento do comercio de proximidade
  • Ambas partes estudarán a creación dun calendario coordinado de eventos comerciais no casco histórico para promover a atracción de visitantes e potenciar o atractivo do concello durante todo o ano
  • O Goberno galego realiza un importante esforzo a prol deste sector con actuacións financiadas integramente con fondos propios e para as que solicitou ao Goberno central acceder a fondos europeos que o Executivo ten sen executar

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse hoxe co alcalde de Ribadavia, César Fernández, para abordar distintas iniciativas en marcha enfocadas á dinamización comercial da vila e a impulsar as compras de proximidade.

Na xuntanza púxose de relevo a importancia e necesidade de continuar con medidas como as que desenvolve este municipio en colaboración co Goberno galego e relacionadas coa mellora das infraestruturas comerciais e coa dixitalización do comercio tradicional. O obxectivo é potenciar o comercio como un motor de dinamización socioeconómica e turística e fusionar a tradición e a innovación atendendo ás novas tendencias do mercado.

Neste sentido, tamén se destacou o labor levado a cabo por este concello para o aproveitamento e posta en valor do seu potencial turístico e enogastronómico salientándoos como atractivos para a dinamización comercial. Entre este potencial destaca que a vila conta cun casco histórico medieval único e, como capital do Ribeiro, cunha destacada tradición vitivinícola e oferta termal. 

Ademais, estudarase a creación dun calendario coordinado de eventos comerciais no casco histórico, como feiras e mercados artesanais e xornadas de promoción de produto local, entre outros. A finalidade é fomentar a atracción de visitantes, potenciar o atractivo do concello durante todo o ano e, ao mesmo tempo, fortalecer o comercio local. Trátase de actuacións que concordan coa esencia do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, que se prevé ter finalizado neste primeiro trimestre.

Neste eido, o Goberno galego está a realizar un importante esforzo a prol do pulo ao comercio de proximidade e demandou ao Executivo central maior colaboración para potenciar este eido. Neste sentido, a Xunta solicitou ao Goberno estatal a asignación de fondos europeos que reservou e non está a executar.

Relacionadas

A Xunta traballa na redacción dun novo proxecto para habilitar en Pontevedra unha das...

0
O organismo de conca licitou a finais de xaneiro o contrato, que inclúe a realización do proxecto construtivo para a zona inundable de Valdecorvos...

A Xunta ultima a creación da oficina de cambio climático co fin de consolidar...

0
Este instrumento, que se porá en marcha nos vindeiros meses, encargarase de facer un seguimento do cumprimento das medidas do Plan Rexional Integrado de...

A Xunta estreita relacións con Guinea Bissau en materia de cooperación ao desenvolvemento

0
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibe ao secretario xeral do Ministerio de Administración Territorial e Poder Local de...

A Xunta reprocha ao Goberno central que se opoña á tarida reducida do canon...

0
Ángeles Vázquez lamenta que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico se dirixa a Galicia para censurar que non repercuta integramente...

A Xunta de Goberno Local tratará mañá 9 expedientes na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense desenvolverá mañá, xoves, 6 de marzo, a súa sesión ordinaria desta semana, con 9 expedientes...

A execución de obras require pechar ao tráfico desde mañá a rúa da Canle...

0
A execución de obras fará necesario pechar ao tráfico rodado desde mañá, xoves, 6 de marzo, a rúa da Canle e a rúa Fonte...

Publicacións Relacionadas