Home A Coruña Un cento de persoas gozaron da Festa de Entroido do centro de...

Un cento de persoas gozaron da Festa de Entroido do centro de día de Lousame

- Anuncio -

Máis dun cento de persoas, entre maiores, familiares e músicos, participaron Festa de Entroido no centro de día de Lousame. A festa tivo lugar o pasado venres pola tarde e contou coa presenza da concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, quen amosou a súa satisfacción “pola activa participación dos nosos maiores nesta festa, elaborando os seus disfraces e bailando algunhas pezas ao ritmo da música de O Son do Pote, a quen agradecemos unha vez máis a súa colaboración nestes eventos”.

A música correu da man de O Son do Pote, cuxos integrantes apareceron tamén disfrazados e interpretaron diversas pezas tradicionais. Pola súa banda, as persoas usuarias do centro de día lousamiá elixiron este ano a temática pirata para os seus disfraces, polo que ían caracterizados cos seus gorros e traxes. Uns disfraces elaborados por eles mesmos con materiais de refugallo e nunhas instalacións decoradas con motivos de Entroido coas creatividades realizadas tamén polos eles mesmo.

Relacionadas

O programa “Rompendo barreiras” regresa ás Escolas do Xardín con actividades de inclusión lingüística...

0
Aínda quedan prazas para as actividades destinadas a nenos e nenas de 6 a 12 anos con necesidades especiais O programa Rompendo barreiras, impulsado desde...

A biblioteca acolle este xoves un encontro literario, aberto á veciñanza, con Rober H.L....

0
A biblioteca municipal de Neda organiza este xoves, a partir das 18.30 horas, un encontro entre o escritor Rober H.L. Cagiao e os lectores...

O Concello concorre a convocatorias de subvencións da para a mellora de infraestructuras municipais

0
Proponse cofinanciar o proxecto co que se dotará ao núcleo da Botica coas redes de abastecemento e saneamento con cargo ao Fondo de Compensación...

A Laracha acollerá un obradoiro de benestar emocional en familia da  Rede Quérote+

0
Será o 13 de marzo de 17:30 a 19:00 h na Casa da Cultura. Requírese inscrición previa chamando ao 981612811 ou no Edificio Administrativo. Os...

O Goberno municipal proporá recoñecer a Rosa Otero co título de Filla Adoptiva da...

0
A Comisión de Honras aprobará tamén o nomeamento de Ramón Núñez Centella como Fillo Predilecto da Coruña  O Goberno municipal proporá na próxima Comisión de...

O Concello organiza o 16 de marzo a andaina saudable “Avanzando en igualdade” por...

0
Este xoves ábrese o prazo de inscrición nesta proposta gratuíta O Concello de Neda recupera en marzo o seu ciclo de Andainas saudables. E faino...

Publicacións Relacionadas