Home A Coruña A Ría da Estrela presenta na ITB Berlín 2025 unha forma diferente...

A Ría da Estrela presenta na ITB Berlín 2025 unha forma diferente de facer o Camiño de Santiago: o catálogo de peregrinacións marítimas a través da Ría de Muros Noia

- Anuncio -

Representantes das navieiras que apostan polo Camiño da Ría de Muros Noia participan na feira líder da industria turística no mundo e presentan un catálogo de produtos para o ano 2025

A Ría da Estrela e a Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros están a presentar o primeiro catálogo de peregrinacións marítimas a través da Ría de Muros Noia no marco da ITB Berlín 2025, a feira líder da industria turística no mundo que ten lugar do 4 ao 6 de marzo na capital xermana. Baixo a lenda “O mundo das viaxes vive aquí”, a Feira Internacional de Turismo de Berlín reúne a 5.800 expositores,1.300 compradores de primeiro nivel e recibirá máis de 100.000 visitantes.

Os representantes da navieira Sailway, que representan o Camiño da Ría de Muros Noia nesta edición da ITB, presentan o catálogo de peregrinacións marítimas para o ano 2025 con propostas da propia Sailway, da Asociación de Náuticos de Galicia (ASNAUGA) e do Monte Real Club de Yates de Baiona. Un posto no que esta mañá recibiron a visita de Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, e Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia.

Experiencia única

“Estamos presentando unha maneira diferente de facer o Camiño de Santiago hoxe en día pero que foi hai séculos a principal e a utilizada precisamente polos peregrinos de Alemaña e do norte de Europa: navegando”, explica José Antonio Marcote, responsable de comunicación da Ría da Estrela. “Trátase dun novo produto turístico que desborda o ámbito da nosa Ría, o Camiño Marítimo a través da Ría de Muros Noia, onde o turista ou peregrino pode reservar barcos ou camarotes para desfrutar dunha experiencia absolutamente única nunha das zonas turísticas máis espectaculares a nivel mundial”. Toda a información e as contratacións poden realizarse dende as páxinas web www.caminomaritimo.gal, www.caminomaritimo.es e www.caminomaritimo.com.

O catálogo de peregrinacións marítimas a través da Ría de Muros Noia ofrece peregrinar a Santiago a través dunha ría e uns portos cunha longa tradición xacobea, especialmente o de Noia que no seu momento foi o Portus Apostoli de Compostela. Unha travesía que rememora a travesía que seguiron milleiros de peregrinos dende os tempos da Segunda Cruzada e que está amparada pola Oficina do Peregrino. De feito, basta con completar 90 millas náuticas en veleiro, selar a credencial do peregrino nos portos que marque a ruta e realizar a pé cando menos os 12 últimos quilómetros entre Bertamiráns e Santiago para obter a Compostela.

Así, o Catálogo de peregrinacións marítimas 2025, coas propostas de Sailway, de ASNAUGA e do Monte Real Club de Yates de Baiona presentarán durante estes días na ITB Berlín 2025 as diferentes alternativas dispoñibles baixo o slogan “O teu camiño está no mar”:

  1. O Camiño marítimo a Santiago con SAILWAY. A navieira ofrece unha experiencia de catro días, con saída do Monterreal Club de Yates de Baiona e chegada ao Real Club Náutico de Portosín. Trátase dunha travesía de tres días navegando a vela (94 millas náuticas) que percorre os idílicos paisaxes das Rías Baixas: Illas Cíes, Combarro, Sanxenxo, Pobra do Caramiñal, Muros, Noia e Portosín. O último día realízase un traslado en vehículo dende Portosín ata Bertamiráns (Ames), dende onde se fai un percorrido a pe de 12 quilómetros ata a catedral de Santiago. Sailway é unha navieira de chárter náutico cunha gran e moderna flota, polo que permite ao peregrino diferentes opcións e unha variedade de prezos. Dende alugar un dos seus veleiros (con patrón ou sen el) ata  personalizar a experiencia incluíndo, por exemplo, unha noite nun hotel con encanto. Ademais, programa saídas mensuais nas que é posible alugar un camarote dun veleiro, unha opción ideal para realizar unha viaxe só, en parella e coñecer a xente nova.
  2. A Travesía Náutica Xacobea con ASNAUGA ofrece dúas rutas en veleiro, propio ou alugado, percorrendo os clubs náuticos de Galicia distinguidos coa Q de calidade turística e que apostan pola atención ao navegante, ademais de contar cuns restaurantes que figuran entre os mellores de Galicia. O Roteiro Sur ten unha duración de entre 3 e 4 días polos clubs náuticos de Vigo, Baiona, Rodeira, Sanxenxo, Portonovo, Ribeira e Portosín. O Roteiro Norte ten unha duración de entre 4 e 6 días, dependendo do porto de saída escollido: Ares ou Ribadeo. Inclúe visitas aos clubs náuticos de Ares, Sada, A Coruña e Portosín.
  3. A Ruta Rías Baixas – Camiño de Santiago Ría Muros Noia, promovida polo Monte Real Club de Yates de Baiona e cuxa próxima edición terá lugar entre o 30 de xuño e o 5 de xullo de 2025. Neste caso trátase dunha experiencia totalmente diferente ás anteriores, xa que é unha navegación en grupo de ata 30 embarcacións nun ambiente de compañeirismo e camaradería. Unha experiencia lúdica e gastronómica navegando por algunhas das máis belas paisaxes de Galicia (ruta interior polas Illas Cíes, parada na Illa de Ons, ruta polo interior da Ría de Arousa e percorrido polo Faro de Corrubedo, o Mar de Fisterra, o Castro de Baroña e a Ría de Muros Noia), con eventos e degustacións deseñadas especialmente para os tripulantes. Serán seis etapas, con saída do Monte Real Club de Yates de Baiona e chegada no Real Club Náutico de Portosín, amarrando nos portos de Combarro, Portonovo, Pobra do Caramiñal, Muros e Portosín.

Toda a información e as contratacións poden realizarse dende as páxinas web www.caminomaritimo.gal, www.caminomaritimo.es e www.caminomaritimo.com.

Relacionadas

Os “Xeitos de pasar un charco”, de Saila Chao López, ata fin de mes...

0
A artista fenesa tamén ofrecerá un obradoiro de escultura colectiva o sábado 29 en Santa Mariña do Monte A artista fenesa Saila Chao López ten...

O Concello pon en marcha tres ‘Rutas mariñeiras’  para promover o consumo nos mercados...

0
Estas rutas guiadas serán nos meses de marzo, abril e maio en San  Agustín, Eusebio da Guarda e Elviña, con punto de partida desde...

Máis de 60.000 persoas asistiron aos festexos na rúa da Torre e a súa...

0
Concurso infantil de choqueiros. Modalidade individual:Primeiro premio: María Pita (Catalina Guerra).Primeiro premio: Caixa musical (Alma Rey).Segundo premio: Churriño a la vista (Nico Hernández).Segundo premio:...

Resultados do Concurso de Disfraces de Entroido

0
Categoría individual infantil:• 1º premio (60 €): A este ghalo non hai ghaliña que se lle resista• 2º premio (50 €): Frida Khalo.• 3º...

Os Reventapistóns presentaron a “VII Kedada Moteira”

0
Na mañá de hoxe presentouse esta “VII Kedada Moteira” que se vai a celebrar o vindeiro sábado 22 de marzo durante toda a xornada...

Cheo total no Showcooking do Cocido de Lalín celebrado en Lestedo

0
O restaurador lalinense Álex Iglesias protagonizou esta actividade que congregou máis de medio cento de persoas A Carpa Gastro da Festa da Filloa de Lestedo...

Publicacións Relacionadas