– O Evento terá lugar o domingo 6 de abril de 2025
– Prazas limitadas a 150 participantes. Agasallos para todos/as os/as participantes, avituallamento e o rematar degustación de viño das adegas de Arbo e Lamprea arbense.
– O Concello de Arbo, organiza este evento para promocionar a gastronomía (lamprea e viño) e a LXV Festa da Lamprea que terá lugar ós días 25, 26 e 27 de abril, así como a paisaxe, patrimonio e natureza que o municipio de Arbo pode ofrecer o visitante.
Volve a Marcha BTT da Lamprea que este ano cumpre a súa novena edición. Unha proba non competitiva, a que poden inscribirse tanto ciclistas federados como aficionados, que ten como obxetivo principal promocionar a gastronomía (lamprea e viño) así como a nosa gastronomía, paisaxes, patrimonio e natureza e que forman parte das actividades que o Concello de Arbo, organiza no mes da Lamprea.
As persoas que queiran participar nesta actividade, deberán inscribirse online na páxina web da Festa da Lamprea https://festadalamprea.gal sendo o prazo máximo de inscripción o día 3 de abril.
45 km aproximadamente de percorrido en bicicleta polo municipio de Arbo, unha actividade atractiva tanto para os participantes como para os espectadores – informa o alcalde Horacio Gil – e neste caso ademáis de deporte ao rematar os/as participantes poderán degustar gratuitamente o viño das adegas de Arbo e a Lamprea arbense.
Á saida será dende o Praza do Concello ás 9:30horas, donde se fará a recollida de dorsais, o prezo por participar ascende a 12€.- e inclue seguro, avituallamento, degustación de viño e lamprea de Arbo e agasallo recordatorio.
As prazas a este evento que terá lugar ó 6 de abril queda reducida a 150 participantes, co obxetivo de que os inscritos disfruten da proba e do percorrido.
Arbo e unha vila, onde o viaxeiro ou viaxeira é dono da súa vida, das súas emocións, para, ante todo, ser quen é, e vivir sensacións propias e intransferibles que lembrará toda a súa vida,
Ser dono de se mesmo, libre, atopar respostas, gardadas no interior moitas veces, só pode facerse nalgúns destinos do mundo, e Arbo é un deles. Para regresar ao traballo relaxados e coa sensación de descansar, algo que non se logra sempre nas vacacións. Ser dono ou dona dun mesmo en Arbo é sinónimo de elixir o mellor, o que máis se adapte a nós…e que mellor maneira de quentar motores que achegarse a esta ruta que cada ano atrae a máis participantes.