Home Pontevedra O encontro “Xuntas no Deporte” reúne a directivas de clubs redondeláns

O encontro “Xuntas no Deporte” reúne a directivas de clubs redondeláns

- Anuncio -

– O obxectivo deste encontro é abordar o papel das mulleres nos órganos de decisión dos clubs deportivos, as barreiras de xénero e o rol das institucións. Nesta charla, que se inclúe na programación do 8M, participarán Paula Fernández, Déborah Bouzón, María Soto, Vicky Ricón, Ana Romasanta e Carla Abad.

A sala da Oficina de Turismo, na rúa Isidoro Queimaliños, acolle este venres ás 19.30 o encontro “Xuntas no Deporte”. O obxectivo desta actividade, que se enmarca dentro da programación municipal do 8M, é abordar o papel das mulleres nos órganos de decisión dos clubs deportivos, as barreiras de xénero ás que se enfrontan e o rol das institucións. A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, sinala que “cada vez son máis as mulleres que participan activamente nas direccións de clubs deportivos de diferentes disciplinas, e as entidades de Redondela son un exemplo”.

No encontro participarán Paula Fernández (Club Baloncesto Redondela), Déborah Bouzón (CBF As Choqueiras), María González (BM Chapela), Vicky Ricón (CD Choco), Ana Romasanta (Asociación Deportiva CAR) e Carla Abad (Federació Galega de Balonmán). Na actividade, aberta ao público, vaise poñer de relevo o papel da muller na xestión e dirección da práctica deportiva. O obxectivo, sinala Vilaboa, é coñecer o seu punto de vista sobre a realidade das mulleres na dirección de clubs deportivos.

A práctica deportiva en Redondela, e na sociedade en xeral, vai cada vez en aumento pero segue existindo unha importante brecha de xénero. En Galicia hai case 300.000 licenzas federativas deportivas, das que escasamente un 20% son mulleres e nenas. A concelleira de Igualdade afirma que “debemos xerar interese nas mulleres e nenas pola práctica deportiva e tamén pola xestión deportiva, e proporcionar as bases de igualdade no acceso a estes postos”. Os testemuños e as experiencias das mulleres que participarán este venres no encontro servirán para reflexionar sobre a situación actual, os prexuízos que aínda existen e as ferramentas para mudar estas dinámicas.

Relacionadas

Galitoon presenta este venres en Tui “Facendo o indio”

0
Será ás 19 h no Teatro Municipal. As entradas están á venda en tui.gal “Facendo o indio” é o título do espectáculo, para público familiar,...

Tui lembra a figura de Manuel Lago González, o arcebispo poeta

0
Un acto da Real Academia Galega e un ciclo de actividades centran esta homenaxe O vindeiro martes, 18 de marzo, cúmprese o centenario do falecemento...

12.000€ en premios e alta participación no Entroido do concello de Ponteareas

0
O Concello de Ponteareas fai un balance positivo do Entroido 2025 con rúas e prazas ateigadas de veciñas e veciños, un bo número de...

Redondela agarda que a Xunta recupera a Fundación Illa de San Simón

0
- O Concello solicitou hai cinco meses unha reunión co conselleiro de Cultura para tratar a situación da illa de San Simón. Ante o...

Luis López asiste ao acto de reacreditación do Hospital do Salnés como centro IHAN...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este mércores en Vilagarcía ao acto de reacreditación do Hospital do Salnés como centro IHAN,...

O Concello de Ponteareas lanza a segunda das residencias de Artistea que traballará as...

0
Dende hoxe mércores día 5 de marzo e ata o vindeiro luns día 10 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitudes O Concello...

Publicacións Relacionadas