Home Pontevedra O Condado Éxito de participación no concursos de disfraces do Concello de Ponteareas

Éxito de participación no concursos de disfraces do Concello de Ponteareas

- Anuncio -
  • Concello reparte máis de 12.000€ en premios para as comparsas e os concursos de disfraces

Éxito de participación nos concursos de disfraces infantil e adultos do Concello de Ponteareas que repartirá neste Entroido 2025 máis de 12.000€ en premios.

A praza Maior encheuse de cores e ilusión durante os concursos de disfraces nos que este ano se elevou o nivel de participación e tamén o de creatividade. Na categoría infantil o 1º premio foi para “O vello gruñón”; o 2º para o autorretrato de Frida Khalo con “Colar de espinas”; o 3º premio para “Robóticos”; o 4º premio para “Figura de Sargadelos” e o 5º premio para “Tintín”.

Os membros do xurado valoraron a orixinalidade, o emprego de materiais reciclados, a complexidade na confección, a orixinalidade e a mensaxe ou relato do disfraz e deste xeito entregaron na categoría adultos o 1º premio  a “A dama de azul”, feito con botellas de plástico reciclado; o 2º a “Moucho e curuxa” realizado con máis de 1.000 plumas naturais de galo e galiña; o 3º premio a “O pelo máis longo do mundo” confeccionado con corcho de botellas de vidro e elementos vexetais; o 4º premio a “Doutro planeta” pola súa creatividade e dificultade na montaxe e o     5º premio a “O señor das bateas” no que se reciclaron e coseron cunhas de mexilón e vieira en homenaxe á terra de procedencia do autor.

Comparsas e gran chocolatada

As comparsas volven hoxe ás rúas ás 19:00 horas cun desfile de dúas voltas dende a rúa Rosalía de Castro, Concha Brey, rúa Constitución, Praza de Bugallal, rúa Oriente, Praza Maior, rúa Esperanza, rúa Senén Canido, rúa Amado Garra, rúa Azorín, e repiten percorrido ata a Praza Maior. A entrega de mencións será na praza Maior a partir das 20:30 horas e ao remate o Concello convida á gran chocolatada.

Juan Carlos González adiantou que se repartirán 12.000€ en premios para as comparsas, 1.000€ para o concurso de disfraces de adultos e 600€ para o concurso de disfraces infantil.

O enterro da sardiña celebrarase o mércores día 5 ás 19:30 horas co comezo do velorio diante da Casa do Concello e o enterro ás 20:00 horas con saída dende a Casa do Concello acompañado da charanga SDK ata a praza Maior.

A alcaldesa, Nava Castro, convida a participar nas distintas actividades deseñadas para todos os públicos ao longo destes días nos que se potencian as tradicións, as iniciativas veciñais e se aposta por actividades novidosas.

Alcaldesa e tenente de alcaldesa agradecen a colaboración das asociacións que fan posible as comparsas así como do alumnado do Programa de Emprego Compromiso Xuvenil, Protección Civil, Policía Local e traballadores municipais que traballarán estes días para o desfrute de todas e de todos.

Relacionadas

Galitoon presenta este venres en Tui “Facendo o indio”

0
Será ás 19 h no Teatro Municipal. As entradas están á venda en tui.gal “Facendo o indio” é o título do espectáculo, para público familiar,...

Tui lembra a figura de Manuel Lago González, o arcebispo poeta

0
Un acto da Real Academia Galega e un ciclo de actividades centran esta homenaxe O vindeiro martes, 18 de marzo, cúmprese o centenario do falecemento...

12.000€ en premios e alta participación no Entroido do concello de Ponteareas

0
O Concello de Ponteareas fai un balance positivo do Entroido 2025 con rúas e prazas ateigadas de veciñas e veciños, un bo número de...

Redondela agarda que a Xunta recupera a Fundación Illa de San Simón

0
- O Concello solicitou hai cinco meses unha reunión co conselleiro de Cultura para tratar a situación da illa de San Simón. Ante o...

Luis López asiste ao acto de reacreditación do Hospital do Salnés como centro IHAN...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este mércores en Vilagarcía ao acto de reacreditación do Hospital do Salnés como centro IHAN,...

O Concello de Ponteareas lanza a segunda das residencias de Artistea que traballará as...

0
Dende hoxe mércores día 5 de marzo e ata o vindeiro luns día 10 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitudes O Concello...

Publicacións Relacionadas