Home Pontevedra Baixo Miño A comparsa Relativerso de Mañufe gañadora absoluta do Entroido en Tui

A comparsa Relativerso de Mañufe gañadora absoluta do Entroido en Tui

- Anuncio -
En carrozas o primeiro premio foi para o Entroido de Picoña. Miles de persoas gozaron do desfile-concurso nas rúas novas da cidade

Miles de persoas gozaron esta tarde do Desfile-Concurso de Entroido en Tui ateigando as rúas novas da cidade por onde transcorreu o percorrido das doce comparsas que finalmente acudiron a esta cita festiva organizada polo Concello de Tui.

A comparsa “Relativerso” da Asociación Carvales de Mañufe foi a gañadora absoluta do desfile-concurso levando amais o segundo premio en carrozas e o premio de música. O case centenar de compoñentes da comparsa presentaron unha proposta inspirada na teoría da relatividade de Albert Einstein, unindo ciencia e arte nunha viaxe visual e conceptual, tomando coma referencia a paleta Pantone de “2001. Unha odisea no espazo” de Stanley Kubrick e cunha escenografía, inspirada nos espazos imposibles de Maurits Cornelis Escher e nos reloxos brandos de Salvador Dalí.

O segundo premio na categoría absoluta foi para a Asociación Cultural En Loureiro coma Sempre  con “Entroido de Picoña” que reflectiu na súa creación as conquistas de Alejandro Magno, levando tamén o primeiro premio na categoría de carrozas.

A Asociación Os da Casa de Vigo con “The Visual Dome” foron os gañadores do terceiro premio na categoría absoluta e tamén do terceiro premio en carrozas. Presentaron unha proposta artística construída usando a IA, cos complementos e a carroza realizados polas persoas integrantes da comparsas de forma artesanal e en boa medida con material reciclado.

En Parodia a comparsa  tudense Locos por la Bicis foi a gañadora con “Ave Tui-Valença” co ciclismo coma protagonista e mesmo cunha carroza impulsada por 13 ciclistas.

A comparsa “Pandilla Pirata” de Ponte Caldelas foi a gañadora en coreografía.

O desfile estivo protagonizado por propostas creativas cheas de orixinalidade e traballo artesanal. Outras das agrupacións participantes foron “Amigos do Carnaval” de Salceda cunha comparsa inspirada  no mundo do café,  “Os Tribu-hos” do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor de Nigrán, a Asociación Cultural de Pontellas do Porriño coa a súa comparsa “O día e a noite, a Asociación O Millor de Cada Casa de Gondomar propuxo un “Destino Entroido”. Mentres a comparsa “Nun lugar da mancha” de Soutomaior fixo unha homenaxe a Don Quijote de Cervantes e Asociación Centro Cultural e Veciñal de Valladares tamén de Vigo, presentou a comparsa “Valla School. Outras propostas foron a comparsa “Festeiros en festas” da Asociación Os Festeiros de Bembrive..

Tui despedirá o Entroido o próximo domingo cunha gran festa no Enterro do Bacallau que comezará ás 19.30 h na praza de San Fernando.

Gañadoras Absolutos

1.           “Relativerso” da Asociación Carnavales de Mañufe de Gondomar

2.           “Entroido de Picoña” da Asociación Cultural En Loureiro Como Sempre de Salceda de Caselas

3.           “The visual dome” da Asociación Os da Casa de Vigo

Gañadoras Carrozas

1.           “Entroido de Picoña” da Asociación Cultural En Loureiro Como Sempre de Salceda de Caselas

2.           “Relativerso” da Asociación Carnavales de Mañufe de Gondomar

3.           “The visual dome” da Asociación Os da Casa de Vigo

Gañadora Parodia

1.           “Ave Tui-Valença” do Club Locos por la Bicis de Tui

Gañadora Coreografía

2.           “Pandilla Pirata” da Asociación A Pandilla de Ponte Caldelas

Gañadora Música

1.           Relativerso” da Asociación Carnavales de Mañufe de Gondomar

Relacionadas

O BNG reclama avances da Xunta de Galiza para garantir o dereito a unha...

0
A fronte nacionalista traslada a preocupación da Asociación Dereito a Morrer Dignamente diante dos déficits de información e de recursos por parte do Goberno...

A Deputación avanza que este venres aprobará axudas de preto de 250.000 euros para...

0
A deputada provincial María Ramallo visitou hoxe as instalacións nas que se van investir recursos provinciais do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas O Concello...

A Deputación leva este sábado a Ribadumia o circuíto +Escénicas con “4.0.” de Sue...

0
A peza teatral, para público familiar, poderá verse ás 19:00 horas no Auditorio Municipal dentro da IV Gala Homenaxe ás Mulleres de Ribadumia organizada...

A Deputación pecha o próximo mércores o prazo para participar nos premios ás mellores...

0
A convocatoria Demo Day está dirixida aos dez centros educativos de Gondomar, Lalín, Pontevedra e Vigo que participan este curso no proxecto DepoEmprende na...

Dano Cerebral Galicia imparte unha charla de ‘Aproximación ao dano cerebral adquirido’ en Ribadumia

0
A sesión informativa, aberta e gratuíta, vai ter lugar o martes 11 de marzo ás 16:00 no Auditorio Municipal da localidade do Salnés. Falarase das...

A Deputación mantén aberto ata o próximo martes o prazo para solicitar as axudas...

0
A Deputación pon á súa disposición 200.000 euros co obxectivo de crear ou manter e reforzar os seus servizos destinados a incrementar o uso...

Publicacións Relacionadas