Home Xunta de Galicia Mais de 1.000 persoas traballadoras de preto de 100 empresas benefícianse das...

Mais de 1.000 persoas traballadoras de preto de 100 empresas benefícianse das Mmicroformacións apoiadas pola Xunta na última edición do Bono Talento Empresa

- Anuncio -
  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se dá publicidade ás axudas concedidas desta iniciativa para realizar formacións non regradas de curta duración e á carta de cada empresa
  • As entidades e persoas traballadoras beneficiadas ao abeiro da convocatoria do ano pasado duplican ás da edición de 2023, cando se convocaron por primeira vez, e coa que se apoiaron microformacións para 532 persoas de 49 entidades
  • Este ano o Goberno galego continuará dando pulo a esta iniciativa cunha nova convocatoria por valor de 2 M€
  • O programa diríxese a empresas de calquera tamaño e persoas autónomas e con el finánciase formación nos ámbitos dixital, industrial, de xestión, de servizos persoais e a clientes, entre outros
  • A iniciativa forma parte da aposta de Galicia por unha formación flexible e acorde ás necesidades do tecido empresarial e traballadores ocupados ou desempregados, e que seguirá desenvolvéndose cun decreto que regulará as microcredenciais

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro das convocatorias de 2023 e 2024 do programa Bono Talento Empresa para realizar formacións non regradas de curta duración, axustadas ás necesidades particulares de cada empresa e buscando reforzar as competencias e habilidades das persoas traballadoras. Así, na última edición desta iniciativa beneficiáronse dela 1.070 persoas traballadoras de 96 empresas, o que supón o dobre da convocatoria de 2023, a primeira destas achegas e coa que se apoiaron microformacións para 532 persoas de 49 entidades. Co fin de seguir potenciando esta iniciativa, este ano o Goberno galego publicará unha nova convocatoria dotada con 2 M€.

As principais destinatarias destas axudas, cofinanciadas pola Unión Europea a través do Programa FSE+ de Galicia 2021-2027, son as microempresas e pequenas empresas —modelo maioritario no tecido empresarial galego— e a elas tamén poden acceder  autónomos que teñan contratado a persoal por conta allea e medianas e grandes empresas, estas últimas incluídas como novidade na convocatoria de 2024. O importe subvencionable depende do tamaño da firma, ata un máximo de 25.000 euros.

Con estes apoios finánciase unha formación non formal de curta duración destinada a actualizar e mellorar os coñecementos e competencias dos cadros de persoal das empresas nos ámbitos dixital, industrial, de xestión, de servizos persoais e a clientes, para facelos máis competitivos nun contexto de rápidos cambios tecnolóxicos e organizativos. Destes aspectos, na  convocatoria do ano pasado financiáronse 180 accións formativas e predominaron as do ámbito da xestión empresarial (76), seguido polo de servizos aos clientes (50) e logo as competencias dixitais (31). Na de 2023, apoiáronse 96 cursos e destacaron os relacionados coas competencias dixitais (37), seguido polos de xestión empresarial (21) e servizos aos clientes (19).

Estes modelos de experiencias curtas de aprendizaxe contribúen a atender as necesidades específicas das empresas galegas e a reforzar as competencias e habilidades dos traballadores. Ao mesmo tempo, promoven a mellora da empregabilidade das persoas beneficiarias e o seu talento, así como a competitividade do tecido empresarial galego. Neste sentido, estes proxectos formativos —compostos por un máximo de tres accións, cada unha de entre 16 e 100 horas— poden ser adaptados a nivel de contidos, programas ou persoal docente das propias accións ás necesidades específicas de cada solicitante. Deste xeito, búscase que as empresas dean resposta áxil e flexible a unha contorna laboral cambiante ante, por exemplo, a transición dixital e verde, ademais das novidades tecnolóxicas, de servizos ou organizativas.

Pulo á formación flexible e á carta

A iniciativa forma parte da aposta de Galicia por unha formación flexible e acorde ás necesidades do tecido empresarial e traballadores ocupados ou desempregados, e que seguirá desenvolvéndose cun decreto que regulará as microcredenciais

Neste marco, o impulso dos Bonos Talento Empresa compleméntase coa liña de formación regrada a demanda das empresas tamén dirixida a traballadores (4M€), e combínase cos convenios suscritos actualmente con nove clústeres galegos para a impartición de accións formativas deseñadas polas propias entidades ou as convocatorias abertas ata o 30 de setembro para apoiar as unidades formativas en empresas (8M€ e destinada a persoas desempregadas).

Ligazón á resolución no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250305/AnuncioG0767-210225-0001_gl.html

Relacionadas

A Xunta traballa na redacción dun novo proxecto para habilitar en Pontevedra unha das...

0
O organismo de conca licitou a finais de xaneiro o contrato, que inclúe a realización do proxecto construtivo para a zona inundable de Valdecorvos...

A Xunta ultima a creación da oficina de cambio climático co fin de consolidar...

0
Este instrumento, que se porá en marcha nos vindeiros meses, encargarase de facer un seguimento do cumprimento das medidas do Plan Rexional Integrado de...

A Xunta estreita relacións con Guinea Bissau en materia de cooperación ao desenvolvemento

0
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibe ao secretario xeral do Ministerio de Administración Territorial e Poder Local de...

A Xunta reprocha ao Goberno central que se opoña á tarida reducida do canon...

0
Ángeles Vázquez lamenta que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico se dirixa a Galicia para censurar que non repercuta integramente...

Lete destaca o músculo galegono atletismo da man dos irmáns CHamosa que competirám no...

0
_Subliña o excelente momento do atletismo galego que nos Xogos de París igualou o seu récord histórico con sete representantes O secretario xeral para o...

A Xunta traslada a súa solidariedade á familia de Diego Bello na súa visita...

0
—A directora da oficina da Fundación Galicia Europa na capital comunitaria, Ana Ramos, reuniuse con familiares e o avogado do mozo galego asasinado en...

Publicacións Relacionadas