Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación mantén aberto ata o próximo martes o prazo para solicitar...

A Deputación mantén aberto ata o próximo martes o prazo para solicitar as axudas dirixidas aos servizos de normalización lingüística das entidades locais da provincia

- Anuncio -

A Deputación pon á súa disposición 200.000 euros co obxectivo de crear ou manter e reforzar os seus servizos destinados a incrementar o uso e o prestixio da lingua galega

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo martes 11 de marzo o prazo para que as entidades locais da provincia poidan solicitar as achegas destinadas á creación, o mantemento e o reforzo dos seus servizos de normalización lingüística. Esta liña ten un crédito de 200.000 euros co obxectivo de consolidar o uso do galego como principal lingua de traballo e de comunicación no mundo local, tanto no ámbito da administración como en todos os sectores do territorio, para así incrementar tanto o seu uso como o seu prestixio.

Poden solicitar as achegas provinciais os concellos de menos de 50.000 habitantes, así como as agrupacións de concellos, as mancomunidades e tamén as entidades locais menores da provincia de Pontevedra. Na liña destinada á creación deste servizo poderán recibir un máximo de 35.000 euros ou o 100% do seu orzamento de gastos. No caso da liña destinada ao mantemento e o reforzo do servizo de normalización lingüística, a contía máxima a percibir será de 25.000 euros ou do 80% do seu orzamento de gastos. Poderán optar se xa contaban con el e estaba en funcionamento no momento de publicarse a convocatoria o pasado mes de febreiro.

As axudas están destinadas a financiar as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística das entidades solicitantes, e as funcións deberán ser desempeñadas por especialistas con titulación superior en Lingua Galega. Entre elas, atópanse as de fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e en todos os sectores de importancia, así como planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua. Ademais, propiciar e xestionar liñas de información, colaboración, coordinación e axuda dirixidas á rede asociativa, empresarial, educativa e xuvenil do seu ámbito; promover e coordinar grupos de persoas interesadas no proceso de normalización; planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega; funcións de asesoramento lingüístico interno, e tamén coordinación e apoio entre a Deputación e o resto de administracións.

Relacionadas

Galitoon presenta este venres en Tui “Facendo o indio”

0
Será ás 19 h no Teatro Municipal. As entradas están á venda en tui.gal “Facendo o indio” é o título do espectáculo, para público familiar,...

Tui lembra a figura de Manuel Lago González, o arcebispo poeta

0
Un acto da Real Academia Galega e un ciclo de actividades centran esta homenaxe O vindeiro martes, 18 de marzo, cúmprese o centenario do falecemento...

12.000€ en premios e alta participación no Entroido do concello de Ponteareas

0
O Concello de Ponteareas fai un balance positivo do Entroido 2025 con rúas e prazas ateigadas de veciñas e veciños, un bo número de...

Redondela agarda que a Xunta recupera a Fundación Illa de San Simón

0
- O Concello solicitou hai cinco meses unha reunión co conselleiro de Cultura para tratar a situación da illa de San Simón. Ante o...

Luis López asiste ao acto de reacreditación do Hospital do Salnés como centro IHAN...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este mércores en Vilagarcía ao acto de reacreditación do Hospital do Salnés como centro IHAN,...

O Concello de Ponteareas lanza a segunda das residencias de Artistea que traballará as...

0
Dende hoxe mércores día 5 de marzo e ata o vindeiro luns día 10 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitudes O Concello...

Publicacións Relacionadas