Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación pecha o próximo mércores o prazo para participar nos premios...

A Deputación pecha o próximo mércores o prazo para participar nos premios ás mellores propostas emprendedoras do alumnado de FP da provincia

- Anuncio -

A convocatoria Demo Day está dirixida aos dez centros educativos de Gondomar, Lalín, Pontevedra e Vigo que participan este curso no proxecto DepoEmprende na FP, e repartiranse un total de 1.900 euros

A Deputación de Pontevedra pecha o próximo mércores 12 de marzo o prazo para que os dez centros educativos adheridos ao programa DepoEmprende na FP este curso escolar (situados nos concellos de Gondomar, Lalín, Pontevedra e Vigo) participen nos Premios Demo Day, dotados de 1.900 euros. Con estes galardóns, a institución provincial pretende promover entre o alumnado de Formación Profesional de grao medio e superior a iniciativa emprendedora, tanto no ámbito empresarial como no autoemprego.

Os dez centros educativos da provincia que participan no proxecto DepoEmprende na FP neste curso son o IES Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar), o IES Laxeiro (Lalín), o CIFP A Xunqueira (Pontevedra), o CIFP Carlos Oroza (Pontevedra), o CIFP Montecelo (Pontevedra), o IES Sánchez Cantón (Pontevedra), e os vigueses CIFP Manuel Antonio, Colexio Vivas, IES A Guía e IES Politécnico de Vigo. Poderán presentar un máximo de dous proxectos entre os desenvoltos no marco de DepoEmprende na FP.

Os 1.900 euros repartiranse en dúas categorías: 1.200 para o alumnado de grao superior, con dous premios de 700 e 500 euros, e 700 para o de grao medio. No caso de que non se acade o número mínimo de proxectos de grao medio (establecido en tres), establecerase una única categoría con tres premios: un primeiro dotado con 900 euros, un segundo con 600 e un terceiro con 400 euros.

A finalidade desta convocatoria é promover entre o alumnado a iniciativa emprendedora así como a actitude necesaria para asumir riscos e responsabilidades. A metodoloxía proposta baséase en que os mozos e as mozas participantes elaboren un proxecto empresarial relacionado coa familia profesional do ciclo formativo que cursen. Os proxectos seleccionados entrarán nun programa intensivo de apoio e asesoramento denominado “Aceleración de proxectos” e o proceso rematará este mes de marzo co acto de entrega dos Premios Demo Day, no que se realizará a presentación e valoración dos proxectos co fin de determinar os premiados.

DepoEmprende na FP é unha das tres modalidades nas que se divide este programa para centros educativos da provincia, xunto a DepoEmprende na Escola e DepoEmprende na ESO. A Deputación busca promover a cultura emprendedora no marco do sistema educativo e impulsar que o alumnado sexa protagonista da súa propia aprendizaxe cun traballo desde a práctica. A metodoloxía proposta baséase na elaboración e xestión de proxectos empresariais para que o alumnado asuma o risco de afrontar diferentes situacións laborais e, deste xeito, mellore a súa participación activa na vida económica, social e cultural da súa contorna.

Relacionadas

Galitoon presenta este venres en Tui “Facendo o indio”

0
Será ás 19 h no Teatro Municipal. As entradas están á venda en tui.gal “Facendo o indio” é o título do espectáculo, para público familiar,...

Tui lembra a figura de Manuel Lago González, o arcebispo poeta

0
Un acto da Real Academia Galega e un ciclo de actividades centran esta homenaxe O vindeiro martes, 18 de marzo, cúmprese o centenario do falecemento...

12.000€ en premios e alta participación no Entroido do concello de Ponteareas

0
O Concello de Ponteareas fai un balance positivo do Entroido 2025 con rúas e prazas ateigadas de veciñas e veciños, un bo número de...

Redondela agarda que a Xunta recupera a Fundación Illa de San Simón

0
- O Concello solicitou hai cinco meses unha reunión co conselleiro de Cultura para tratar a situación da illa de San Simón. Ante o...

Luis López asiste ao acto de reacreditación do Hospital do Salnés como centro IHAN...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este mércores en Vilagarcía ao acto de reacreditación do Hospital do Salnés como centro IHAN,...

O Concello de Ponteareas lanza a segunda das residencias de Artistea que traballará as...

0
Dende hoxe mércores día 5 de marzo e ata o vindeiro luns día 10 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitudes O Concello...

Publicacións Relacionadas