Home O Morrazo Cangas A Deputación avanza que este venres aprobará axudas de preto de 250.000...

A Deputación avanza que este venres aprobará axudas de preto de 250.000 euros para o proxecto de mellora da piscina municipal de Cangas do Morrazo

- Anuncio -

A deputada provincial María Ramallo visitou hoxe as instalacións nas que se van investir recursos provinciais do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

O Concello de Cangas recibirá este ano ao abeiro deste plan un 59% máis de recursos que na edición anterior, cando obtivo 152.000 euros para a iluminación exterior do estadio municipal de atletismo

A deputada provincial María Ramallo visitou xunto coa alcaldesa de Cangas do Morrazo, Araceli Gestido, a piscina municipal da vila, onde anunciou que a Deputación aprobará na Xunta de Goberno deste venres unha inxección económica de preto de 250.000 euros para a mellora destas instalacións deportivas. Farao a través do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, un programa dotado de oito millóns de euros (o dobre que na súa primeira edición) co que a institución provincial está a transformar e modernizar os equipamentos deportivos da provincia. Ao abeiro deste plan, Cangas do Morrazo recibirá este ano un 59% máis de recursos que na anterior edición, cando se beneficiou de máis de 152.000 euros para a mellora da iluminación exterior do estadio municipal de atletismo.

Ramallo deu conta dos traballos que se realizarán con estes recursos (concretamente 243.706 euros), cos que se vai financiar o 100% dos traballos de mantementos correctivos e de substitución dos elementos deteriorados e das luminarias da piscina municipal, co obxecto de gañar en durabilidade e eficiencia enerxética. En liñas xerais, as principais melloras centraranse nos vestiarios, onde se instalarán novas cabinas e armarios ademais de intervirse no piso das duchas. Por outra banda, melloraranse a sala de usos múltiples e mais a pista de squash, repararanse elementos dos aparellos e máquinas, renovarase o falso teito e adecuaranse os lucernarios verticais para evitar filtracións de augas. Ademais renovaranse a iluminación e as portas, así como os revestimentos e os acabados que se atopen deteriorados.

“Estamos co deporte e estamos cos concellos, e esta actuación é unha boa mostra diso”, sinalou María Ramallo, que lembrou que “a dotación e mantemento das instalacións deportivas son moi custosos, e por iso estamos facendo un esforzo excepcional con programas como o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas”. A deputada lembrou que o deporte é un dos eixos prioritarios do goberno da Deputación, de xeito que “este ano temos máis recursos que nunca para o deporte, xa que temos un modelo claro que se basea en converter Pontevedra na provincia do deporte e no grande estadio deportivo do mundo”.

Relacionadas

Galitoon presenta este venres en Tui “Facendo o indio”

0
Será ás 19 h no Teatro Municipal. As entradas están á venda en tui.gal “Facendo o indio” é o título do espectáculo, para público familiar,...

Tui lembra a figura de Manuel Lago González, o arcebispo poeta

0
Un acto da Real Academia Galega e un ciclo de actividades centran esta homenaxe O vindeiro martes, 18 de marzo, cúmprese o centenario do falecemento...

12.000€ en premios e alta participación no Entroido do concello de Ponteareas

0
O Concello de Ponteareas fai un balance positivo do Entroido 2025 con rúas e prazas ateigadas de veciñas e veciños, un bo número de...

Redondela agarda que a Xunta recupera a Fundación Illa de San Simón

0
- O Concello solicitou hai cinco meses unha reunión co conselleiro de Cultura para tratar a situación da illa de San Simón. Ante o...

Luis López asiste ao acto de reacreditación do Hospital do Salnés como centro IHAN...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este mércores en Vilagarcía ao acto de reacreditación do Hospital do Salnés como centro IHAN,...

O Concello de Ponteareas lanza a segunda das residencias de Artistea que traballará as...

0
Dende hoxe mércores día 5 de marzo e ata o vindeiro luns día 10 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitudes O Concello...

Publicacións Relacionadas