HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez participa na presentación do XXXIV Salón do Automóbil de Vigo,...

Luisa Sánchez participa na presentación do XXXIV Salón do Automóbil de Vigo, que se celebra do mércores ao domingo no IFEVI co apoio da Deputación

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este luns en Vigo na presentación do XXXIV Salón do Automóbil de Vigo, que se celebra entre este mércores 12 e ata domingo 16 de marzo no IFEVI co apoio da Deputación. A vicepresidenta lembrou que este evento, que reúne unha selección de vehículos de ata 40 marcas, “ten unha gran capacidade de atracción de visitantes, polo interese que xera entre a poboación nunha cidade onde a automoción ten un lugar destacado como motor da súa economía”.

A vicepresidenta provincial recordou que os dous coches de rally patrocinados pola Deputación de Pontevedra terán presenza no Salón do Automóbil de Vigo, “no marco do compromiso da institución provincial con automobilismo, tanto como motor económico como tamén social e deportivo”, e subliñou que un deles é ecolóxico, “exemplo da reconversión que está a afrontar este sector”.

Publicacións Relacionadas