HomePontevedraO SalnésO BNG reitera a súa proposta na mesa local de comercio

O BNG reitera a súa proposta na mesa local de comercio

- Anuncio -spot_img
        A formación nacionalista espuxo hoxe a súa liña de propostas para reactivar o mercadillo na xuntanza da mesa local de comercio.

        O Bloque Nacionalista Galego acudiu hoxe á Mesa Local convocada para tratar a reactivación do mercadillo da nosa cidade. O mercadillo dos sábados e martes sempre foi un referente na comarca e fóra dela, sendo unha cita marcada para persoas non so de Vilagarcía, senón tamén de moitos concellos de arredor.

  Dende o BNG temos claro o modelo de mercadillo que queremos e as liñas de traballo precisas para conseguilo. Por iso levamos as nosas diferentes propostas a través da nosa representante, á mesa local de comercio celebrada hoxe. Queremos destacar a cordialidade e o consenso presentes ao longo de toda a xuntanza.

  En primeiro lugar, dende o BNG sempre deixamos claro que non entendíamos outra ubicación para o mercadillo que non fose arredor da Praza de Abastos, debendo ser esta o seu centro neurálxico e expandíndose polo tando arredor dela. Nese senso, gustounos comprobar que todos os presentes coincidían coa idea lanzada dende a nosa organización. Quedou claro polo tanto que iso debe ser así.

  Partindo de aí saímos satisfeitos coa acollida que tiveron tamén o resto das nosas propostas.

  Por unha parte, no tocante á ubicación, nós sempre destacamos que era preciso recuperar a Praza Martín Gómez Abal (Praza do Castro), así coma toda a zona de detrás do xulgado e enfronte á Praza da Peixería. Nese aspecto, tampouco nos parece mal a proposta do goberno local de recuperar o interior da Peixería sempre que se preste especial atención aos postos para esa ubicación, xa que entendemos que non vale todo.

  Outra das nosas propostas que tivo boa acollida, foi a de establecer un control horario para a entrada e a saída dos postos do mercado, o cal repercutirá nunha maior seguridade para todos e rematará co descontrol existente agora mesmo.



  Aportamos tamén a idea de que o Concello saque unha liña de subvencións para garantir unha estética común en todo o mercadillo, a través de por exemplo os toldos. Isto contribuiría a facelo máis atractivo.

  Dende o comezo deixamos claro o noso posicionamento en contra da convivencia dos postos ambulantes de diante da Praza de Abastos co tráfico nesa rúa. Por iso propuxemos, unha vez que quedou clara a postura do goberno local de non pechar a rúa debido ao caos circulatorio que suporía para a cidade, que se retiren os postos ambulantes aí colocados e se proceda á súa reubicación a través do estudo que se levará a cabo para a consecuente reestruturación do mercadillo. Con esta iniciativa, ademáis de gañar seguridade viaria, recuperaríanse prazas de aparcamento para a Praza de Abastos, regulando este cun límite horario e permitimdo a rotación dos vehículos para carga e descarga.

  A mesa local de comercio quedou, a petición dos membros do órgano de debate e consenso en seguir estudando todas as posibilidades, e por iso quedamos emprazados para o 24 deste mes.

Publicacións Relacionadas