HomeXunta de GaliciaA Xunta felicita a unha quincena de empresas que captan case 3,7M€...

A Xunta felicita a unha quincena de empresas que captan case 3,7M€ para proxectos de I+D en ámbitos como aeronáutica, alimentación ou construción 

- Anuncio -spot_img

Mobilizan máis de 6M€ ao participar en 11 dos 49 proxectos apoiados a través da convocatoria Misiones Ciencia e Innovación 2024, financiada con fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resilencia

A Xunta de Galicia felicita a unha quincena de empresas galegas que logran captar case 3,7M€ a través da convocatoria Misiones Ciencia e Innovación 2024, financiada con fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resilencia, do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI Innovación). O Goberno galego pon de exemplo estas empresas polo seu traballo a prol da investigación e o desenvolvemento e destaca a importancia da colaboración en innovación, co obxectivo posto na mellora do benestar social.

As axudas acadadas están destinadas a proxectos de I+D en cooperación, liderados por empresas, que dean resposta a unha serie de retos ou misións aos que se enfrontan as sociedades desenvolvidas. Deste xeito, as firmas galegas participarán en 11 dos 49 proxectos apoiados con fondos europeos, logrando mobilizar máis de 6M€. Desenvolverán proxectos bianuais en sectores como a aeronáutica, o alimentario, a construción ou a loxística e vencelladas a tecnoloxías disruptivas como a cuántica ou a fotónica.

As beneficiarias destas axudas son: Adegas Valmiñor SL (O Rosal), Sparc Foundry SL (Vigo), Fujitsu Technology Solutions SA (Santiago de Compostela), Ence Energía y Celulosa SA (Pontevedra), Financiera Maderera SA (Santiago de Compostela), Indutec Ingenieros SL (Lugo), Maderas Besteiro SL (Lugo), Técnicas de Soft SA (A Coruña), Syspro Automation SLU (Nigrán), Optare Solutions SA (Vigo), Sistemas Integrados de Servicios de Telecontrol SL (Santiago de Compostela), Industrias Proa SA (O Porriño), Kaleido SCM SL (Vigo) e Aeromedia UAV SL (Bergondo).

Publicacións Relacionadas