HomePontevedraCaldasO concello de Caldas de Reis construirá unha nova depuradora en Carracedo cun orzamento...

O concello de Caldas de Reis construirá unha nova depuradora en Carracedo cun orzamento de 270.000 euros 

- Anuncio -spot_img

O proxecto xa recibiu o visto bo da Consellería de  Industria e está pendente de contar coa autorización de  Augas de Galicia, tal e como sinala o alcalde, Jacobo  Pérez, que salienta que a actuación será financiada a  través do Remanente de Tesourería de 2024 

O rexedor caldense informa estes días porta por porta  aos veciños e veciñas da contorna da Igrexa de Saiar do  inminente inicio das obras de mellora de saneamento na  zona 

O Concello de Caldas de Reis  continúa completando a súa folla de ruta no que á dotación, mellora e  ampliación de servizos básicos no rural se refire, no que é un dos  grandes obxectivos marcados neste mandato. O alcalde, Jacobo Pérez, 

confirmou hoxe que o Goberno local ten previsto a construción dunha  nova depuradora de tratamento de augas residuais na parroquia de  Santa Mariña de Carracedo. Trátase dunha infraestrutra que dará servizo aproximadamente a medio milleiro de veciños e veciñas da  localidade. Tal e como confirmou Pérez Gulín, o proxecto conta co visto  bo da Consellería de Economía e Industria. “Agora, estamos á espera  da autorización por parte de Augas de Galicia para continuar con toda  a tramitación”, sinalou o rexedor caldense. A construción da nova  depuradora contará cun orzamento que ascende a uns 270.000 euros  aproximadamente e será financiada con fondos propios. En concreto,  realizarase con cargo ao Remanente de Tesourería correspondente ao  exercicio de 2024. Jacobo Pérez explicou que o feito de poder asumir  unha obra desta importancia con recursos propios “deixa ás claras a  boa xestión que se está a realizar en materia económica, algo que nos  permite dar prioridade a actuacións tan importantes coma esta, que  garantirá un servizo básica para un gran número de veciños e veciñas  de Carracedo”. 

Por outra banda, está previsto que nas vindeiras datas comecen as  obras para a implantación dunha nova rede de saneamento de augas  residuais no núcleo da Igrexa, en Saiar. Precisamente, o alcalde,  acompañado polo edil da parroquia, Juan Carlos Ortigueira, estivo hoxe  na zona na que se acometerán os traballos, que serán executados pola  empresa Pérez Portela Sociedad Limitada. A adxudicataria xa  presentou toda a documentación necesaria, incluído o pertinente plan  de seguridade, polo as tarefas iniciaranse de xeito inminente. Jacobo  Pérez explicou que ao longo dos últimos días estanse a repartir cartas  informativas entre os residentes aos que afectarán as obras, nas que  que se lles explican os detalles dunha actuación que contará cun orzamento de 199.310,28 euros (IVE engadido) e que contan cun prazo  de execución de tres meses. O proxecto finánciase con cargo ao Plan  +Provincia da Deputación de Pontevedra, correspondente á  convocatoria de 2024. “Agradecemos a comprensión e colaboración da  veciñanza polas posibles molestias que poidan ocasionar as obras e  animamos a calquera persoa que precise de máis información a que se  poña en contacto co Concello, onde será atendido na Alcaldía”, sinalou  o rexedor, que indicou que a realización dos traballos pode conlevar  cortes de tráfico, ademais doutras restricións puntuais. Hai que lembrar que o proxecto contempla a instalación de varios  colectores soterrados, coas súas correspondentes acometidas  domiciliarias. A maiores, procederase á dotación dunha estación de  bombeo, coa súa correspondente impulsión. Esta é unha das  actuacións que tiñamos pendentes de comezar por mor dos tempos  administrativos”, lembrou Pérez Gulín. Por último, o alcalde informou  tamén de que os técnicos municipais están a redactar un proxecto para  ampliar a dotación de saneamento en San Clemente, concretamente no  tramo entre Faramontáns e Baltar. “Seguimos apostando por  actuacións que supoñen unha mellora importante para a calidade de  vida da veciñanza, neste caso no noso rural”, finalizou.

Publicacións Relacionadas