HomeA CoruñaAs Somozas conmemora o 8M cunha serie de actividades e obradoiros en...

As Somozas conmemora o 8M cunha serie de actividades e obradoiros en prol da igualdade

- Anuncio -spot_img
  • A Axencia de Lectura do Centro Cívico Sociocultural ten exposta unha mostra bibliográfica con temática feminina e torno á figura da muller.
  • O vindeiro xoves, 13 de marzo, terá lugar a presentación da Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero MAVI, un proxecto de préstamo de libros itinerante e que estará durante 3 meses en As Somozas.
  • O 1 de abril está programado o obradoiro “Muller e saúde”, así como varios talleres relacionados coa temática dos coidados e do benestar das persoas coidadoras, da muller e da violencia de xénero.

O Concello das Somozas conmemora, un ano máis, o Día Internacional da Muller a través dunha serie de actividades e actos en prol da igualdade.

Así, a Axencia de Lectura do Centro Cívico Sociocultural ten exposta durante este mes de marzo unha mostra bibliográfica con temática feminina e torno á figura da muller.

Tamén, o pasado mes de febreiro tivo lugar o curso gratuíto de autodefensa persoal feminina, actividade que foi impartida por persoal especialista en defensa persoal e a través adestramento físico e psíquico dotaron ás mulleres participantes de ferramentas suficientes para sentirse seguras nunha situación de risco en todos os ámbitos da súa vida.  

O aprendizaxe tamén incluíu técnicas para controlar a respiración e actuar fronte ao medo; así como técnicas de inmobilización, de derribo e de esquivar a un posible atacante. O curso levouse a cabo con dinámicas distendidas e dun xeito divertido co obxectivo de que as participantes gañaran en autoconfianza e seguridade.

O vindeiro xoves, 13 de marzo, terá lugar a presentación da Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero MAVI, un proxecto de préstamo de libros itinerante, promovido pola Subdelegación e que nace coa intención de achegar os libros pola Igualdade e Contra a Violencia de Xénero a toda a sociedade, especialmente ás mulleres.

Esta iniciativa estará durante tres meses no Concello das Somozas, do 13 de marzo ao 13 de xuño, e ten como obxectivo fomentar a igualdade e concienciar sobre a necesidade de seguir avanzando na loita contra a violencia machista. A maleta será entregada pola Subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e acudirá tamén a responsable da Unidade contra a violencia sobre a muller da subdelegación, Manuela Vilaboy.

Neste sentido son 5 os obxectivos desta campaña: achegar á veciñanza a lectura sobre temas de feminismo, violencia sobre a muller, empoderamento ou autoestima, novela etc.; favorecer o pensamento crítico ante os roles e estereotipos de xénero; favorecer  a lectura  como ferramenta para a igualdade; sensibilizar en materia de violencia de xénero; e favorecer a lectura de textos escritos por mulleres, de forma que a sociedade teña referentes femininos no ámbito da cultura.

Para o martes, 1 de abril, está programado o Obradoiro “Muller e saúde” que ten como mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino. Durante a xornada falarase de menopausa e osteoporose, prevención xinecolóxica, factores de risco, fisiopatoloxía, alimentación e exercicio. Tamén, no marco da programación do 8Mrealizaranse obradoiros relacionado coa temática dos coidados e do benestar das persoas coidadoras, así como actividades relacionadas coa muller e a violencia de xénero.

Publicacións Relacionadas