HomeA CoruñaReapertura da piscina de Perillo, xoves 13 de marzo

Reapertura da piscina de Perillo, xoves 13 de marzo

- Anuncio -spot_img

O xoves 13 de marzo reabrirase o vaso da piscina da Canteira, en Perillo, no seu horario habitual. As instalacións do centro deportivo permanecían abertas con normalidade (ximnasio e salas), agás o vaso da piscina, que tras o temporal que levantou a cuberta o pasado mes de xaneiro, permaneceu pechado ao público.

Finalizados os traballos de reparación da cuberta , esnaquizada polo temporal do 26 de xaneiro; a partir do xoves 13 de marzo as persoas usuarias poderán gozar da totalidade das instalacións.

O Concello de Oleiros lamenta as molestias ocasionadas aos usuarios.

Publicacións Relacionadas