Os populares manifestan que en Oleiros con Nostian hai máis “morros” que tarxetas.
A implantación do novo contedor ao que hai que ter acceso con tarxeta é un paso máis no engano colectivo en que García Seoane empéñase en manter á poboación ao longo dos anos.
Para o Partido Popular García Seoane, perfecto coñecedor da porcentaxe irrisorio de reciclaxe de toda a materia que en fogares e puntos de recollida vértese por separado.
“O alcalde sabe que houbo unha condena á empresa por non reciclar cunha multa de varios millóns de euros, pero lonxe de tomar medidas e buscar alternativas, perdóanlle parte da débeda e continúan co seu servizo.’
O interventor de Oleiros, interventor do consorcio, non pon reparo algún, polo menos que se coñeza, a semellante falcatruada, por iso o Partido Popular prepara unha serie de preguntas que aínda dirixidas ao alcalde pretenden coñecer cal foi a postura ao longo de todos estes anos sometidos á súa fiscalización tendo en conta dos despropósitos e a tomadura de pelo que foi todo o tema da recollida e tratamento de lixos.
“Estívose enganando aos oleirenses durante vinte anos pedíndolles esforzos na recollida e selección de residuos que na planta de tratamento “pasábanse polo Arco de Triunfo” manifestou indignada Loli Silva Portavoz do Grupo Municipal Popular.
“Ríronse de nós á vez que permitiron o enriquecemento inxustificado durante anos da concesionaria da planta e, aínda por riba, prémiana cunha renovación do contrato” engadiu Silva.
Para o Partido Popular fai falta ter moi pouca vergoña e ningún escrúpulo coñecendo e sendo cómplice desta situación, permitirse o luxo de promocionar Oleiros con folletos como Oleiros en Verde, Oleiros bonito e presumir de que somos moi ecoloxistas.
Tamén o Partido Popular pregúntase onde están aquí os grupos ecoloxistas, as organizacións de “abaixo asinantes” e outros moitos que parece que só lles aflora a vea verde ecoloxistas “a segundo que tema e a quen lle afecte.”