Terá lugar a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal coa actuación do grupo Nostalgias e haberá descanso con meredenda
O Concello de Nigrán ofrece este mércores 19 de marzo un baile especial polo ‘Día do Pai’ a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal. O evento contará coa actuación do grupo Nostalgias e ofrecerase rosca e chocolate no descanso. A entrada é de balde ata completarse o aforo.