HomePontevedraO CondadoO concello de Salvaterra entrega preto de 50 tarxetas de acceso á...

O concello de Salvaterra entrega preto de 50 tarxetas de acceso á Biblioteca Municipal

- Anuncio -spot_img

A Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño inauguraba fai quince días o novo sistema de acceso autónomo a través de tarxeta o cal permite ós usuarios e usuarias facer uso das instalacións nun horario ampliado. A través deste sistema novo e pioneiro na nosa contorna aquelas persoas que precisan estudar ou facer uso do espazo xa o fan accedendo ó espazo coa súa tarxeta.
Ata o momento preto de 50 persoas xa recolleron a tarxeta de acceso á Biblioteca Municipal e poden estudar nun horario de luns a xoves de 08:00 a 22:00 horas e de venres a domingo de 08:00 a 00:00 horas.
Aquelas persoas que queiran solicitar a tarxeta de acceso á Biblioteca poderán facelo a través do formulario que atoparán na páxina web ou ben solicitando dito impreso no propio Concello. Unha vez cuberto deberán presentalo por rexistro ou a través da sede electrónica. Posteriormente entregarase a tarxeta a cada usuario ou usuaria

Publicacións Relacionadas