Un Auditorio municipal completo coñeceu onte os mellores vídeos dun certame no que participaron máis de 50 persoas e que repartiu máis de 1.300 euros en premios para gastar no comercio local
A terceira edición do premio Ollo con Nigrán, o certame que naceu para potenciar a creación artística en lingua galega ao tempo que divulga a gran riqueza natural do municipio, desvelou onte aos gañadores e gañadores dun certame no que este ano participaron máis de 50 persoas cunha gran gala no auditorio municipal. En total repartíronse 14 premios cun total de 1.300 euros para repartir entre os comercios locais que se sumaron a iniciativa.
Os gañadores e gañadoras na categoría Estelas, para nenos e nenas de Nigrán nada no ano 2013 ou posteriore”s foron “Os meus dous avós de Nigrán” cun accésit, “A estrela e o golfiño” cun accésit, “Nigrán, o lugar onde vivimos” cun segundo premio e a “Melodía da natureza” co primeiro.
Os gañadores e gañadoras na categoría Lourido, para mozos e mozas de Nigrán nadas entre o ano 2007 e 2012 foron, na categoría de foto, “Mar” cun segundo premio e “Un pasado na actualidade de Monteferro” cun primeiro. Na categoría de vídeo o xurado decidiu entregar dous segundos premios a “Nigrán é máxico” e a “Quero volver ao mar”.
Os gañadores e gañadoras na categoría Monteferro, para maiores de idade foron, na categoría de foto, “Beleza que atrae” cun accésit, “A timidez” cun segundo premio e “Non quero que se perda”, primeiro premio e autoría de Soledad García. Na categoría de vídeo gañaron “Na praia de Nigrán”, accésit, “Na procura do silencio”, segundo premio, e “Nigrán, terra que abraza”, primeiro premio. Este vídeo foi realizado polo reporteiros en rede do Centro Juan María. Ademais,o veciño de Panxón, Víctor Pérez, gañou o premio do público, valorado en 100 euros, co seu poema “Vivir no paraíso” e a súa foto da praia da Panxón.