O Concello de Mos imparte no Instituto talleres didácticos para evitar condutas aditivas, sobre todo relacionadas coas pantallas, da man das asociacións Érguete e Agaja
O Concello de Mos desde a concellería de Educación, e dentro do Programa de Actividades en Horario Lectivo, está a impartir entre o alumnado da ESO do IES de Mos, unha serie de obradoiros didácticos e preventivos das condutas aditivas na adolescencia da man das asociacións Érguete e Agaja.
Esta mañá o alumnado de 1º curso da ESO recibiu a visita durante a devandita actividade da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira mosense de Educación, Julia Loureiro, que estiveron acompañadas pola directora do Instituto, Azucena Matilde.
Estes talleres sobre prevención de condutas aditivas pretenden educar para evitar as adicións ás pantallas, ás redes sociais, aos vídeoxogos e ao xogo e/ou apostas on line.
A este respecto as representantes municipais Arévalo e Loureiro declararon que “desde o Concello de Mos consideramos importante desenvolver esta iniciativa en lugares escolares xa que cremos que é fundamental promover unha boa prevención na educación na conciencia dos riscos que comportan estas condutas aditivas”.
“Desde moi nova a rapazazada está continuamente exposta a xogos nas pantallas, por iso dende a concellería de Educación consideramos necesario abordar esta problemática nos adolescentes e previr as situacións de risco”, insistiron rexedora local e edil de Educación.
A miúdo para moitas persoas esta sobreexposición está asociada dende a infancia á súa paixón polo deporte ou ás veces as experiencias lúdicas de xogo ou de apostas teñen lugar en situacións sociais e familiares. De maneira que é habitual que as conductas do xogo de apostas empecen nun ambiente recreativo. O que se pretende con esta iniciativa é fomentar formas de entretemento san entre os xoves e evitarlles o risco de desenrolo de problemas graves de futuro relacionados coa adición ás pantallas, ás redes sociais e ao xogo.
Nas sesións trátanse co alumnado as adiccións sin substancias, uso, abuso e o que é unha adicción, a publicidade e as súas consecuencias, alternativas saudables e como se realizaría un programa de rehabilitación.
A semana pasado foi a asociación Agaja a que estivo co alumnado de 4º da ESO no IES de Mos e esta semana tócalle o turno aos cursos de 1º e 3º da ESO da man da asociación Érguete que imparte estes obradoiros grazas á subvención de “Proxecto de Prevención de Conductas aditivas“, financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
O programa desenvolvido para 1º da ESO titúlase “Xoga limpio” e é unha actividade dirixida composta de catro sesións, destinadas á prevención de conductas de risco asociadas ao uso inadecuado e excesivo das novas tecnoloxías, así como a proveer de ferramentas aos estudiantes para facer un uso responsable e saudable das redes sociais. O enfoque nestas sesión trata de centrarse no tempo que se lles adica ás redes, a ponografía ou o bulling a través das mesmas. A primeira sesión foi hoxe luns 17 de marzo, a segunda o día 19, a terceira o 21 e a cuarta o 25 de marzo.
A actividade para 3º da ESO titúlase “Recoñecémonos” e consta de catro sesión tamén, que serán o 24 e 31 de marzo e o 3 e 7 de abril. Nesta actividade que se traballará en dous bloques, tratarase de reflexionar e abordar a presión do grupo e dotar ao alumnado de ferramentas para combater esta situación. Traballaranse habiliades de resistencia-factores protectores, aprender a decir non ou a eludir ofertas que non interesen, dunha forma constructiva e sen vulnerar os dereitos das demais personas. Exercitaranse habilidades e recurso persoais para utilizalas de forma adecuada ante situacións de risco. No seguinte bloque tratarase de facer reflexionar ao alumnado sobre a forma que teñen de ocupar o seu tempo libre, e que valoren a importancia que ten o lecer para o seu desenvolvento persoal e social e sexan conscientes das alternativas das que dispoñen.