HomePontevedraCaldasO alcalde Ricardo Martínez e membros da Comisión de Festas presentaron os...

O alcalde Ricardo Martínez e membros da Comisión de Festas presentaron os actos festivos e relixiosos do San San Benito de Lantaño

- Anuncio -spot_img

O ALCALDE RICARDO MARTÍNEZ E MEMBROS DA COMISIÓN DE FESTAS PRESENTARON OS ACTOS FESTIVOS E RELIXIOSOS DO SAN BENITO DE LANTAÑO

A partir das 8 da mañá do día 21 haberá misas cada hora e pola noite a verbena correrá a cargo da orquestra Capitol e o Dj Pablo Grande.

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, a concelleira de Cultura Ana Peña e membros da Comisión de Festas de San Benito de Lantaño presentaron o programa festivo e relixioso que terá lugar o venres 21 de marzo na honra deste santo moi popular e miragreiro, con gran cantidade de devotos, que neste día achéganse ata esta parroquia de Portas para honrar e pedir algunha 

Así, a partir das 8 da mañá do venres 21 haberá misas cada hora e tamén ás 18, 19 e 20 horas pola tarde. A misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Briallos terá lugar ás 13 horas seguida de procesión e gran tirada de fogos de artificio. Previamente, partir das 10 horas da mañá terá lugar o pasarrúas e a actuación da Banda de Música Unión de Lantaño que amenizará a xornada e acompañará aos devotos de San Benito na procesion.

A Comisión de Festas informa á veciñanza e tamén aos devotos de San Benito que se acheguen ata Lantaño que se amiten ofrendas ou donativos para o santo para subatar posteriormente entre os asistentes a esta xornada.

A partir das 16 horas, a Comisión de Festas ofrecerá para os máis cativos e de balde unha sesión de xogos inchables da man de Skandal Dj que amenizará a xornada vespertina destes festexos que se organizan na honra de San Benito de Lantaño (Portas).

Pola noite, a Comisión de Festas ten previsto comezar a verbena ás 21:30 horas e correrá a cargo da coñecida orquestra Capitol que contara co Dj Pablo Grande para prolongar os momentos de festa e baile.

Os membros da Comisión de Festas agradecen a colaboración do Concello de Portas, á Deputación de Pontevedra que aporta unha subvención a traves do plan Culturea, aos establecementos comerciais que axudan económicamente á organización e tamén á Comunidade de Montes de Lantaño e a Protección Civil de Portas.

O alcalde, Ricardo Martínez, agradeceu aos membros da Comisión de Festas o traballo que realizan e o seu esforzo para que se manteñan vivas as tradicións populares en Lantaño e ofreceu toda a colaboración do Concello para que estas festas sigan sendo unha celebración de referencia en toda a contorna.

Publicacións Relacionadas