HomePontevedraO CondadoA Agrupación de Protección Civil do concello de Ponteareas recibe novas ferramentas

A Agrupación de Protección Civil do concello de Ponteareas recibe novas ferramentas

- Anuncio -spot_img

O equipo inclúe conxuntos de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias

Apoiar o espírito de servizo e afán voluntario da agrupación de Protección Civil Ponteareas con recursos que faciliten e contribúan a mellorar as súas intervencións é a finalidade do novo material que vén de recibir a agrupación local segundo traslada o tenente de alcaldesa e concelleiro de Seguridade, Juan Carlos González Carrera.

Xunto ao responsable da agrupación local, Javier Álvarez, trasladouse ás instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), sita na Estrada, para recoller os novos equipos e dotación que a Xunta lle entregou nun acto no que estaban agrupacións de voluntarios de Protección Civil procedentes de 86 concellos de toda Galicia.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, Rueda reivindicaron o papel destes voluntarios/as como piar do modelo de emerxencias de Galicia.

O equipo inclúe conxuntos de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias como unha motoserra eléctrica, un taladro eléctrico, unha caixa de brocas, unha radial eléctrica, unha serra sable eléctrica, un arrancador de batería, un cargador de baterías e unha mochila de transporte xunto aos seus correspondentes maletíns.

“O voluntariado de Protección Civil Ponteareas recíclase e está en formación continua para realizar de xeito satisfactorio as súas intervencións pero seguiremos dando apoio ás voluntarias e voluntarios porque o seu traballo desinteresado axuda a moitas persoas e contribúe ao bo desenvolvemento de moitas actividades do Concello, por iso debemos estar á altura da súa solidariedade e facilitar non só ferramentas, tamén formación”, explicou Juan Carlos Carrera.

Publicacións Relacionadas