O Concello de Ponteareas acolle unha nova actividade do programa APEGO o venres 21 de marzo ás 18:00 horas na sala multiúsos do auditorio municipal Reveriano Soutullo.
“Hocus Pocus”, do Mago Paco, é un espectáculo no que en cada xogo os nenos e as nenas son os verdadeiros protagonistas, creando así un espectáculo propio dunha mente infantil: aluocado, ruidoso, dinámico e cheo de sorpresas.
Esta actividade está recomendada para a cativada de 3 a 6 anos e as súas familias. Para participar, cómpre facer a inscrición no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, a través do correo lingua@ponteareas.gal ou por teléfono no 986 640 000, extensión 1010.
Esta actividade forma parte das actividades que fomentan a vinculación das familias co galego, dentro do proxecto Apego, un programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma.
O concelleiro de Ensino e Letras nas Aulas, Ricardo González, convida a participar nesta actividade de balde que conxuga entretemento, lingua e valores.