HomeXunta de GaliciaTurismo de Galicia colabora coa Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense no...

Turismo de Galicia colabora coa Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense no desenvomento do plan de sostibilidade turística

- Anuncio -spot_img

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo unha reunión coa vicepresidenta da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense e alcaldesa de Barreiros, Ana Hermida, para analizar o desenvomento e execución do plan de sostibilidade turística do destino, no que a Xunta está a investir 1M€.

Durante o encontro, Xose Merelles coñeceu de primeira man o resultado de iniciativas turísticas como ‘A Mariña. Plans con corazón’ ou a campaña “A Mariña latexa contigo’, que precisamente foi presentada este ano en Fitur 2025. A vicepresidenta da Mancomunidade tamén lle trasladou outras iniciativas como as que se centran na gastronomía da comarca ou a intención de acoller un centro BTT (Bicicletas Todo Terreno), para o que o director de Turismo de Galicia lle ofreceu a colaboración e o asesoramento do seu departamento.

Publicacións Relacionadas