HomeVigoMosGalicia Suroeste proxecta a iluminación eficiente e artística de elementos patrimoniais do...

Galicia Suroeste proxecta a iluminación eficiente e artística de elementos patrimoniais do Camiño de Santiago ao seu paso polo Concello de Mos

- Anuncio -spot_img

O Concello ten solicitadas as autorizacións necesarias e unha vez concedidas, serán iniciados os traballos de iluminación.

Os elementos patrimoniais que serán iluminados eficiente e artisticamente serán a capela e o cruceiro das Angustias en Sanguiñeda e a senda entre a Capela de Santiagiño e o Miliario de Santiagiño de Antas en Louredo e Guizán.

Galicia Suroeste mantense á espera das autorizacións solicitadas polo Concello de Mos, para poder acometer as obras de iluminación eficiente e artística de elementos patrimoniais do Camiño de Santiago ao seu paso polo Concello de Mos.

O concello e a entidade teñen unido esforzos e traballo para que este proxecto estea máis cerca de ser unha realidade, e así se prevé coa súa execución este mesmo ano.

Concretamente, o proxecto redactado e que xa está nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural recolle a intervención en dous ámbitos para mellorar a eficiencia enerxética na iluminación existente, e iluminar artisticamente o patrimonio material de Mos. Con este proxecto intervirase na contorna da capela e o cruceiro das Angustias, na parroquia de Sanguiñeda, e na senda entre a capela de Santiaguiño e o Miliario de Santiaguiño de Antas entre as parroquias de Louredo e Guizán.

O patrimonio material seleccionado para a intervención, localízanse no propio Camiño de Santiago, coincidindo o entorno da capela das Angustias coa entrada, e o entorno do Miliario de Santiaguiño de Antas coa saída, do maior referente turístico de Galicia ao seu paso polo Concello de Mos.

Entorno da Capela e cruceiro das Angustias. O planeamento lumínico baséase en dotar a fachada da capela de iluminación ornamental suave e homoxénea para por en valor o patrimonio arquitectónico e cultural, e destacar tamén o propio cruceiro. Deste xeito, todas as persoas que transiten por este espazo poderán apreciar estes bens, que iluminados artisticamente será un reclamo para a súa visita.

A intervención neste ámbito suporá un embelecemento do patrimonio do concello, e ao mesmo tempo  permitirá un aforro enerxético de máis do 55% sobre o consumo enerxético actual.

Senda entre a capela de Santiaguiño e o Miliario de Santiaguiño de Antas. Este entorno contará con iluminación no tramo da senda natural do Camiño de Santiago que une as esculturas conmemorativas do Camiño e a sinalización iconográfica do mesmo co Miliario. O proxecto incorpora un concepto escenográfico e ornamental pero tamén un  enfoque funcional que permitirá a valorización dos elementos singulares mencionados mediante luminarias uplight incrustadas na base de cada elemento, e en canto á senda, será iluminada para poder circular cunha luz suave que ilumine o xabre do percorrido a través dun sistema de balizado.

Este proxecto é unha das actuacións de mellora da eficiencia enerxética do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino “A Despensa de Galicia”, financiado con Fondos da Unión Europea – Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation.

Dentro do propio Plan contémplanse as accións de iluminación artística e eficiente do patrimonio do Xeodestino, sendo concretamente este proxecto o primeiro das tres actuacións que se executarán (as outras serán nos Concellos de Tui e Gondomar);  buscando a eficiencia enerxética o iluminación artístico do patrimonio, realizando prácticas máis sostibles e menos contaminantes para a contorna.

Publicacións Relacionadas