HomePontevedraA Paradanta Arbo acometera melloras de seguridade viaria e accesibilidade en Abelenda

 Arbo acometera melloras de seguridade viaria e accesibilidade en Abelenda

- Anuncio -spot_img
  • As obras  consisten na execución de muro de contención derruido, mellora da drenaxe superficial e reposición do pavimento do vial de acceso entre os lugares de Abelenda con Riás na Parroquia de San Cristobal de Mourentan do Concello de Arbo.
  • O orzamento  ascende a CEN MIL CENTO CORENTA E OITO EUROS CON SESENTS E TRES CÉNTIMOS (100.148,63 Euros), sendo o prazo de execución das obras é de  dous meses.

O Concello de Arbo, levará a cabo a mellora do vial de Abelenda na parroquia de Mourentan , co fin de garantir a seguridade viaria nesta zona da parroquia.  Este contrato conta cun investimento de CEN  MIL CENTO CORENTA E OITO EUROS CON SESENTS E TRES CÉNTIMOS (100.148,63 Euros) e o prazo de execución das obras esta previsto en dous meses, a partir da firma do contrato coa empresa adxudicataria.

O obxecto das actuacións son a execución de muro de contención derruido, mellora da drenaxe superficial e reposición do pavimento do vial que comunica os lugares de Abelenda con Riás na Parroquia de San Cristobal de Mourentan do Concello de Arbo, ao obxecto de mellorar a seguridade, facilitar a accesibilidade e mobilidade das persoas e vehículos, reparando os muros de contención semiderruidos, ampliando o vial para facilitar o cruzamento de vehículos e persoas, canalizar as augas superficiais conducíndoas a leito receptor ou canles de rega existentes, aumentando consecuentemente a seguridade no tramo.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil,  detallou que “estas intervencións dan resposta a necesidades que nos trasladou a propia cidadanía, especialmente en materia de accesibilidade  e seguridade viaria, para garantir a correcta circulación de vehículos e o tránsito de peóns con todas as garantías e facilidades”.

A Deputación de Pontevedra aproboba no mes de febreiro unha subvención de 100.149 euros para o municipio de Arbo dentro do Plan +Provincia 2025, co obxectivo de mellorar as súas infraestruturas locais. En concreto, os fondos destinaranse á reposición dun muro e á mellora dun vial en Abelenda, garantindo así unha maior seguridade e mellor accesibilidade para os veciños.

A execución atópase en período de licitación a través da Plataforma de Contratación do Estado.

Publicacións Relacionadas