HomePontevedraA ParadantaO concello de Arbo mellora o abastecemento municipal

O concello de Arbo mellora o abastecemento municipal

- Anuncio -spot_img
  • O Concello de Arbo, realizará obras de “APERTURA DE MANANTIAL EN MONTE DO MUIÑO. CONCELLO DE ARBO ”, para mellorar o abastcemento municipal
  • O importe da actuación ascende a 44.764,64 €  € (IVE  do 21% incluído que ascende a 7.769,07€) esta financiado pola Deputación de Pontevedra ao abeiro  do Plan de obras e servizos de competencia municipal – Plan Máis Provincia 2025 -Liña 1 Investimentos Deputación Provincial de Pontevedra publicada no BOPPO nº 1 do 02/01/2025.

o Concello de Arbo, realizará obras de “Apertuar de manantial” para mellorar o abastecemento municipal.

Actualmente o Concello de Arbo dispón de catro (4) Depósitos de Abastecemento de Auga  Potable principais. Todos estes depósitos son abastecidos por bombeos de captacións  con auga achegada por mananciais naturais.

Un deles está situado nas proximidades de la Iglesia de Santa María de Arbo, desde onde se fornece auga potable ao núcleo urbano de Arbo. Este depósito recibe auga por gravidade de mananciais.

O segundo está situado no Couto. Desde el abastécese directamente a unha poboación dunhas 150 persoas e bombéase   auga cara a outro depósito, o de Paravedra, ao que tamén chega auga de mananciais. Este DAP, abastece directamente a unhas 170 persoas e ademais tamén ten un segundo bombeo cara ao DAP de Vieiro, desde o que se fornece auga a uns 330 habitantes.

O DAP de Abelenda, recibe auga de varios mananciais. En épocas estivais é deficiente a auga que abastece, por iso proxéctase a construción dun manancial novo.

O obxecto do presente proxecto consiste na “Apertura de manantial en monte do Muiño”, termo municipal de Arbo (Pontevedra) para mellorar o abastecemento de auga no Concello de Arbo mediante a realización dun novo manancial na proximidade dos dous mananciais existentes que abastecen ao DAP de Abelenda.

O importe da actuación ascende a 44.764,64 €  € (IVE  do 21% incluído que ascende a 7.769,07€) esta financiado pola Deputación de Pontevedra ao abeiro  do Plan de obras e servizos de competencia municipal – Plan Máis Provincia 2025 -Liña 1 Investimentos Deputación Provincial de Pontevedra publicada no BOPPO nº 1 do 02/01/2025.

Publicacións Relacionadas