HomeTabeirósA EstradaO BNG presenta novamente unha moción contra a macrocelulosa ALTRI

O BNG presenta novamente unha moción contra a macrocelulosa ALTRI

- Anuncio -spot_img

Xoán Reices:  “Non podemos consentir que o PP converta Galiza nunha inmensa eucalipteira”

O BNG da Estrada vén de rexistrar novamente unha moción para que o concello exprese o seu rexeitamento contra a macrocelulosa ALTRI en Palas de Rei.

Segundo explicou o concelleiro do BNG, Xoán Reices, “esta sería a segunda vez que presentamos unha moción destas características; a primeira foi rexeitada polo PP e agardemos que nesta segunda ocasión o PP sexa máis sensíbel ao sentir maioritario que aumenta día a día contra estre proxecto depredador, que terá graves consecuencias sobre o medio e en concreto sobre o noso río Ulla”.

Para Reices “esta megacelulosa contaminante, perpetúa o modelo de dependencia e explotación do noso páis, fomentaría a expansión do eucalipto en zonas do país onde a día de hoxe a súa presenza é escasa”. “Non podemos consentir que o PP converta Galiza nunha inmensa eucalipteira”, afirma.

“Por outra parte”, engade o concelleiro do BNG, “tamén queremos poñer o foco no goberno do Estado, xa que esta megacelulosa só é viábel se ALTRI recibe 250 millóns de euros de fondos Next Generation”. “O goberno de Rueda traizoou o país achanzando o terreo normativo para que a macrocelulosa poida instalarse en Palas de Rei, mais a pelota tamén está sobre o tellado do goberno de Pedro Sánchez, que ten nas súas mans rematar a traizón iniciada polo PP na Xunta de Galicia”.

Segundo Xoán Reices, “a maior parte dos veciños e veciñas da Estrada teñen claro que esta macrocelulosa é negativa para o país e para o medio ambiente, unha fábrica, que polas súas características tampouco queren en Portugal”. “Por este motivo”, engade Reices, “o PP ten unha nova oportunidade para posicionarse en contra desta macrocelulosa, agardemos que desta vez si estea á altura”.

Publicacións Relacionadas