HomeOurenseAs novas liñas de autobuses facilitarán os desprazamentos ao centro de saúde...

As novas liñas de autobuses facilitarán os desprazamentos ao centro de saúde do Couto

- Anuncio -spot_img

O alcalde recibiu o director da Área  Sanitaria de Ourense para analizar as necesidades derivadas do inicio da reforma do Novoa Santos

Goberno municipal e director da área sanitaria analizaron tamén a situación da Unidade Asistencial de Drogodependencia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e a concelleira de Saúde, Noa Rouco, recibiron esta mañá no Concello o director asistencial da Área  Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, Eloy Sánchez Hernández.

A administración autonómica ten previsto iniciar en setembro as obras de reforma do Centro de Saúde Novoa Santos, na rúa Xoán XXIII, que estará temporalmente pechado. Por este motivo, parte das persoas usuarias deste equipamento serán atendidas desde esa data no Centro de Saúde do Couto. Neste escenario, o director da área asistencial trasladoulle ao alcalde a preocupación por facilitar a accesibilidade destas persoas cara a este centro a través do servizo de autobuses.

O alcalde informouno de que o Concello ten previsto activar este mesmo ano as novas liñas do servizo de autobuses urbanos e que o novo deseño dará resposta a esta necesidade, garantindo o desprazamento axeitado ás persoas que o precisen.

Na xuntanza, goberno municipal e director da área sanitaria analizaron tamén a situación da Unidade Asistencial de Drogodependencia.

Na actualidade, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias manteñen negociacións en relación ás unidades de toda Galicia. No caso da de Ourense, trátase dunha unidade de xestión compartida, xa que se atopa no Complexo Hospitalario de Ourense, dependente da Xunta de Galicia e é atendido por persoal do Concello.

FEGAMP e Xunta valoran actualmente opcións como a posible externalización deste tipo de unidades ou o seu emprazamento fóra dos complexos hospitalarios. Por agora, non se chegou a un acordo, segundo explicou a concelleira de Saúde, Noa Rouco. No caso de Ourense, Sergas e Concello valoran a posibilidade de realizar pequenos cambios nas instalacións actuais.

Publicacións Relacionadas