HomeA ParadantaA CañizaLuis López salienta que Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana 2,1...

Luis López salienta que Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana 2,1 millóns de euros para que 9 concellos impulsen novos investimentos

- Anuncio -spot_img

Estes novos recursos beneficiarán á Cañiza, Dozón, Mos, Poio, O Porriño, Ribadumia, Tui, Valga e Vilaboa. O +Provincia destinou xa preto de 21 millóns de euros aos concellos de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 2,1 millóns de euros para que A Cañiza, Dozón, Mos, Poio, O Porriño, Ribadumia, Tui, Valga e Vilaboa impulsen novos investimentos a través da primeira liña do Plan +Provincia 2025. O presidente provincial, Luis López, asegurou que o goberno provincial segue “avanzando, unha semana máis, no reparto de fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación, que xa leva distribuídos preto de 21 millóns de euros neste 2025 entre os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”.

Desta maneira, A Cañiza, Dozón, Mos e Vilaboa recibirán 960.000 euros para completar o financiamento dos proxectos que xa contan con achegas do Plan Extra e que mobilizan un total de 4,3 millóns de euros. En concreto, A Cañiza recibirá 277.183 € para completar os 700.000 € do Plan Extra para a humanización da rúa Antonio Facorro; Dozón sumará 52.519 € aos 500.000 € deste mesmo plan para a reurbanización e mellora da contorna do Centro Sociocultural, parque público e piscinas municipais no Castro, e Vilaboa completará o orzamento de 987.567 euros cunha inxección do +Provincia de 287.567 euros.

Ademais, tamén ao abeiro da liña 1 de investimentos Poio recibirá 160.075 € para a renovación do parque infantil de Ánkar con temática de  Cristobal Colón; O Porriño 251.470 € para a reforma interior do auditorio do Centro Cultural; Valga 360.150 € para a pavimentación de estradas municipais, e Ribadumia 387.646 € para tres proxectos diferentes: 119.751 € para a ampliación e mellora de servizos o lugar da Cruz, na parroquia de Lois, 124.481 € para a mellora de camiño municipal e redes de pluviais e saneamento no núcleo de Barroso, en Sisán, e 143.414 € para a mellora de camiños municipais na parroquia de Lois. Ademais, Tui contará con 260.558 € para as obras do Paseo Corredoira e Augusto González Besada, que contan xa con 795.715 euros do PON2030.

Publicacións Relacionadas