HomeA CoruñaAs Somozas celebrará a súa I Feira Multisectorial Agrícola

As Somozas celebrará a súa I Feira Multisectorial Agrícola

- Anuncio -spot_img

A Praza do Concello acollerá o 3 e 4 de maio, en horario de 10:00 a 19:00 h, os mellores postos de alimentación e artesanía.

A praza do Concello das Somozas acollerá a I Feira Multisectorial Agrícola, organizada polo Concello.

A cita, que terá lugar os días 3 e 4 de maio, celebrarase en horario de 10:00 a 19:00 horas e as persoas que acudan poderán visitar unha ampla variedade de postos de alimentación e artesanía.

“Estamos seguros de que esta primeira edición vai ser todo un éxito”, afirmou o alcalde, Juan Alonso Tembrás, que salientou que “a veciñanza e persoas visitantes poderán gozar dos mellores postos de alimentación e artesanía”.

Publicacións Relacionadas