HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación avanza que financiará a construción dun aparcadoiro público en Mondariz-Balneario

A Deputación avanza que financiará a construción dun aparcadoiro público en Mondariz-Balneario

- Anuncio -spot_img

A deputada provincial Nava Castro visitou a parcela, onde a Deputación investirá 170.000 € do Plan +Provincia que serán aprobados proximamente

A deputada provincial Nava Castro visitou o concello de Mondariz-Balneario xunto co seu alcalde, César Gil, onde anunciou que a Deputación se encargará de financiar integramente unha actuación de construción dun aparcadoiro público situado entre as rúas Ramón Peinador e Alfonso Paredes. Nava Castro avanzou que para esta actuación o organismo provincial aprobará proximamente na súa Xunta de Goberno unha achega de máis de 170.000 euros a través da liña 1 de investimentos do Plan +Provincia.

A deputada provincial deu conta dos traballos que se realizarán con estes recursos, que se localizan nunha zona próxima a importantes dotacións públicas como son o mercado de abastos ou a escola infantil de Mondariz-Balneario e polo tanto con grande afluencia de persoas, pero que na actualidade non conta con suficiente espazo para o estacionamento de vehículos. O aparcadoiro construirase sobre a explanada de terra existente, con acceso desde a rúa Alfonso Paredes, e os traballos consistirán na limpeza e roza do terreo, as escavacións para a formación da caixa, o estendido dunha capa de saburra para conseguir unha superficie apta para a execución do firme, a dotación de mobiliario urbano e elementos naturais e a instalación de sinalización. Ademais, executaranse redes soterradas de recollida de augas pluviais e alumeado público.

“Somos un goberno municipalista”, lembrou a deputada provincial, “que escoita as demandas dos gobernos locais e atende as súas necesidades” con iniciativas como o Plan +Provincia, “o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación, dotado este ano de 48,2 millóns de euros”. Nava Castro asegurou que “o noso obxectivo principal é que a provincia de Pontevedra vaia a máis, avanzando como nunca antes”, con plans provinciais cos que “estamos a conseguir que os concellos poidan afrontan investimentos e actuacións que doutro xeito serían imposibles de realizar”.

Publicacións Relacionadas