O concello da Pobra do Caramiñal ven de anunciar un novo curso de formación, en colaboración con ASAJA, sobre agricultura ecolóxica, aberto á veciñanza.
Dende a concellaría de Medio Ambiente deuse a coñecer esta nova oferta de formación sobre agricultura ecolóxica, na que o concello colabora con ASAJA (Asociación Agraria de Jóvenes Agricultores) para que os agricultores profundicen neste ámbito.
O curso terá lugar os días 5, 6 e 7 de maio, en modalidade presencial, no auditorio da NOTA DE PRENSA
Biblioteca Municipal, no 3º andar. O horario deste será de 16:00 a 21:00 horas, de xeito gratuíto para todo o que queira asistir.
Aqueles interesados en participar no curso deberán porse en contacto a través do correo electrónico formacion@asaja.com, ou a través de WhatsApp no número 638 160 677.