HomeOurenseA Xunta de Goberno Local aproba 4 acordos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local aproba 4 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 4 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos.

Licenzas (2)

  • Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución para a instalación dun elevador nun edificio de vivendas emprazado na rúa José Antonio Moretón.
  • Recoñecer unha obriga a favor da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, por importe de 67,94€ en concepto de taxa polo informe emitido en relación co proxecto de demolición total de edificación e instalacións de peches no Parque das Pozas de Maimón

Patrimonio (1)

  • Desestimar a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por unha particular polas lesións sufridas como consecuencia dunha caída no Parque de San Lázaro, por non concorrer os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización

Turismo e Termalismo (1)

  • Aprobar as bases reguladoras do Concurso de Pinchos 2025.

Publicacións Relacionadas